Solicitud de Distintivo de Residente en Zona XER para Vehículo de Empresa
O estacionamento de vehículos de tracción mecánica, en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas, de luns a venres agás festivos, nas vías do municipio incluídas no ámbito de aplicación da "Ordenanza Reguladora do Servizo de Aparcamento de Vehículos na Vía Pública", suporá o pago dunha taxa mediante máquinas expedidoras de tikets na Cidade de Vigo.
Mediante esta tarxeta os usuarios residentes neste tipo de vías beneficiaranse de prezos reducidos establecidos na correspondente normativa fiscal en vigor.
A quen está dirixido
Para obter o distintivo de residente en zona XER debe cumprir estes requisitos:
1. Ser persoa física
2. Estar empadroado dentro da zona X.E.R.
3. Estar ao corrente de pago do imposto de vehículos de tracción mecánica no Concello ou disfrutar de exención.
Os servizos municipais comprobarán que a persoa solicitante cumpre con estes requisitos.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Presencialmente
Cubrir o impreso regulamentado e presentalo, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello.
Por correo
Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e envialo, xunto coa documentación requirida ao Rexistro do Xeral Concello.
Prazos
Definidos no artigo 6 bis da ordenanza reguladora do servizo.
Documentación requirida
- DNI, Tarxeta de residencia ou Pasaporte
- Carné de Conducir (do interesado.)
- Recibo do Seguro do Vehículo (en vigor.)
- Póliza do Seguro do Vehículo
Na que debe figurar o interesado como conductor habitual.
- Xustificante extendido pola empresa
No que acredite que o solicitante é o único usuario do vehículo, que está autorizado á súa utilización fóra da xornada laboral e que dito vehículo tributa como retribución en especie a efectos do IRPF do solicitante.
Oficinas
- Oficina Policía Local
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 286Horario: De 7:30 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
- Ordenanza Nº 34: Ordenanza Fiscal Reguladora das Taxas por aproveitamento especial da vía pública con estacionamento de vehículos de tracción mecánica en determinadas rúas municipais
- Modificación da Ordenanza Reguladora do servizo de aparcamento na vía pública, mediante máquinas expendedoras de tíckets na cidade de Vigo
- Ordenanza Reguladora do servizo de aparcamento na vía pública, mediante máquinas expendedoras de tíckets na cidade de Vigo
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo