Rexistro Municipal de Asociacións

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Os Concellos deben establecer un rexistro para a inscrición das asociacións que actúen no seu territorio, nos termos e cos efectos previstos no artigo 236 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

O Rexistro Municipal de Asociacións, ten por obxectivo permitirlle ao Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, facilitar as relacións entre éstas e o Concello e coñecer os seus fins e a súa representatividade, cara a posibilitar o fomento do asociacionismo e participación cidadá, baixo os criterios de obxectividade, imparcialidade e igualdade.

A quen está dirixido

Asociacións sen ánimo de lucro, previamente inscritas no Rexistro provincial, autonómico ou estatal correspondente.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

En cumprimento da obriga imposta polo artigo 14.2 da LPAC, os obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións públicas, deberán presentar e tramitar por medios electrónicos a solicitude de inscrición a través da sede electrónica do Concello de Vigo, por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura electrónica admitidos na sede electrónica.

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Tramitar por Internet >>


Documentación requirida

  • Estatutos da entidade (Copia dixitalizada)
  • Inscrición da asociación no Rexistro provincial, autonómico ou estatal correspondente (Copia dixitalizada.)
  • Orzamento do presente ano (ingresos / gastos)
  • Programa de actividades para desenvolver na cidade de Vigo no presente ano
  • Certificado do/a presidente/a ou tesoureiro/a da entidade, dos ingresos por cota de asociado e do número de asociados
  • Número de célula de identificación fiscal (CIF) da entidade (Copia dixitalizada.)
  • Certificado bancario do número de conta da asociación (Copia dixitalizada.)

Observacións

Actualización dos Datos e Documentación Rexistral:

- TODA VEZ CADA ANO, as asociacións inscritas están obrigadas a actualizar os seus datos do rexistro, notificando cantas modificacións se produzan; a excepción dos datos relativos á variación do número de socios, o cal deberá notificarse no prazo dun mes.

- NO ÚLTIMO TRIMESTRE DO ANO, as asociacións presentarán unha memoria onde constará como mínimo a relación de actividades realizadas e o balance económico do exercicio e da súa aplicación, así como o programa de actividades e orzamento para o seguinte ano.

O incumprimento das obrigas contempladas anteriormente, suporá a apertura do correspondente expediente que poderá dar lugar á baixa no rexistro da asociación incumpridora, coa perda dos dereitos que da súa inscrición se derivan.

Oficinas

  • Oficina do Servizo de Participación Cidadá

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta 2ª
    Teléfonos: 986 810 157 / 986 810 290
    Fax: 986 810 263
    Correo electrónico: ofi.pcidada@vigo.org // ofi.acidada@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Lexislación relacionada

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.