Pago da Taxa de Exaccións Unificadas Industrais (EUI)

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Lixo Industrial:

Pago da taxa de prestación de servicio de recepción obrigatoria de recollida de residuos sólidos urbanos no termo municipal de Vigo, o seu transporte ós centros de eliminación e posterior tratamento.

Entrada de vehículos:

Ocupación da vía pública para entradas de vehículos ao interior de edificios, fincas ou locais.

A quen está dirixido

Entenderase de recepción obrigatoria o servicio prestado a tódalos establecementos comerciais, industriais, profesionais ou de outros usos que estean en condicións de utilización con independencia de que estean ou non utilizados.

Considéranse, a efectos da ordenanza reguladora, residuos sólidos urbanos, os residuos procedentes de vivendas, edificios, centros públicos e privados sen excepción ningunha; os mobles, enseres e trastos inútiles, así como os xerados en establecementos de toda clase, industrias, clínicas, sanatorios, hospitais, laboratorios e establecementos análogos sempre que, consonte á lexislación vixente en materia de residuos, teñan a consideración de residuos sólidos urbanos ou asimilables a estes, estando suxeito o seu vertido á autorización previa e preceptiva do Departamento de Patrimonio Histórico e Medioambiente do Concello.

Serán substitutos do contribuínte, obrigados ao pagamento das taxas, os propietarios dos edificios, fincas ou locais a que dan acceso as entradas de vehículos, quen poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por Internet

Este servicio permítelles aos cidadáns pagar os recibos das taxas e impostos municipais mediante o uso do pagamento electrónico a través de Internet:

1. Cubra os campos baleiros marcados en gris (emisora, referencia, identificación e importe) copiando exactamente os datos que aparecen escritos no recibo que se lle enviou.

2. Comprobe os datos do recibo e inicie o pagamento a través da pasarela segura de Abanca facendo uso da súa tarxeta de crédito.

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Se non ten o pago domiciliado pode realizar o pagamento en calquera das entidades bancarias indicadas na carta de pago ou recibo. Debe facer o ingreso na entidade bancaria dentro do prazo de tempo que se establece cada ano.

Sancións

En todo o relativo a Infraccións tributarias e ás súas cualificacións, así como ás sancións que correspondan, estarase ao disposto na Ordenanza Fiscal Xeral e Lei Xeral Tributaria.

Observacións

Quedan fora do ámbito de aplicación da ordenanza reguladora os residuos que, procedentes de calquera actividade ou servicio, estean incluídos pola normativa legal e regulamentaria de aplicación dentro dos considerados como tóxicos ou perigosos. As obrigas específicas que necesariamente deberán cumprir os productores ou posuidores desta clase de residuos, serán as establecidas no artigo 21 da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Oficinas

  • Oficina I.A.E.-E.U.I.

    Administración de Tributos - Departamento de I.A.E.-E.U.I.
    Planta Baixa
    Praza do Rei 1, 36202 Vigo.
    Teléfono: 986 810 313
    E-mail: ofi.iae@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Legislación relacionada

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.