OB-007 Licenza de Obra (Varios)

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Abranguen todas as obras que non teñen cabida en ningunha das definicións dos trámites relacionados e non están suxeitas ao procedemento simplificado ou comunicación previa como poden ser piscinas, etc.

Ademais incluirá as solicitudes de instalación de carteleiras e antenas de telefonía non suxeitas a comunicación previa. Nestes casos a documentación a presentar ca solicitude será a establecidas nas ordenanzas especificas: Ordenanza municipal reguladora das condicións urbanísticas de localización, instalación e funcionamento dos elementos e equipos de telecomunicación e Ordenanza Urbanística reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet


Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.


Tramitar por Internet >>



Presencialmente

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co justificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas fí­sicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurí­dicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
      2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurí­dica de que se trate.
    • Comunidade de propietarios
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a persoa administradora da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
      Ademais acta do nomeamento da persoa presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo á realización das obras.
  • Escritura pública de propiedade do terreo
    A dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición no rexistro.
  • Reportaxe fotográfica do soar ou da edificación
    Subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do proxecto. Nos casos de nova edificación en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén fotografí­as das fachadas dos edificios lindeiros.
  • Oficio de dirección das obras
  • Cuestionario estatí­stico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto
      No que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • En edificacións incluí­das nas zonas de ordenanza 2 e nos casos particulares da ordenanza 1
    • Resultado da consulta previa ante a comisión de seguimento do PEEC
      Será preceptiva ata que sexa aprobado definitivamente o Plan Especial do Ensanche.
  • Se achega proxecto básico
    • Proxecto técnico
      Redactado por técnico competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código Técnico da Edificación e no anexo I da Ordenanza de tramitación de licenzas (2 copias ) (3 copias en edificios catalogados) (1 copia presentación telemática).
    • Plano dos perfí­s
      Se as obras para as que se solicita licenza comportan a execución de escavacións, terrapléns, desmonte ou rebaixe de terras.
      Achegará plano dos perfí­s que se consideren necesarios para apreciar o volume e caracterí­sticas da obra a realizar así­ como os de detalles precisos que indiquen as precaucións a adoptar en relación coa propia obra, ví­a pública e fincas ou construcións veciñas que poidan ser afectadas polo desmonte ou terraplén.
  • Se achega proxecto básico e execución (ademais da documentación anterior)
    • Estudo de Seguridade e Saúde
      Segundo R.d. 1627/1997 redactado polo técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional.
    • Oficio da dirección da execución da obra
    • Estudio de xestión de residuos
      Segundo R.d. 105/2008.
  • No caso de solicitude de licenzas para a instalación de estacións base de telefoní­a ou equipos de telecomunicacións
    • Documentación Complementaria
      Establecida nos artigos 35 e 37 da Ordenanza municipal reguladora das condicións urbaní­sticas de localización, instalación e funcionamento dos elementos e equipos de telecomunicación no termo municipal de Vigo.
  • No caso de solicitude de licenzas para a instalación de carteleiras publicitarias
    • Documentación Complementaria
      Establecida no artigo 38 da Ordenanza urbaní­stica reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.