OB-002 Licenza de Obras de Ampliación / Reestructuración
Obras de ampliación: son aquelas obras, nunha edificación existente, nas que se incrementa a ocupación ou o volume construídos.
Obras de reestructuración: son aquelas obras de rehabilitación dunha edificación que melloran as súas condicións de seguridade, salubridade, habitabilidade, de confort e ornato, modificando a súa distribución e alterando as súas características morfolóxicas e a distribución interna.
Reestruturación parcial: aquelas obras que inclúen algún dos seguintes tipos:
1. Construción de entresollados.
2. Cubrición e forxado de patios pechados de dimensións inferiores ao 50% das establecidas na ordenanza que o autorice.
3. Demolición e nova construción de núcleos de comunicación vertical.
4. Substitución ou reposición de elementos ou zonas de forxados ou piares illados
5. Apertura de patios ou incremento do espazo libre de parcela, de acordo coas dimensións establecidas pola norma zonal de aplicación para edificios non catalogados.
6. Reposición da estrutura ou dos elementos da cuberta.
Reestruturación xeral: terán este carácter todas aquelas obras nos edificios que excedan do anteriormente exposto; serán consideradas de reestruturación total no caso de baleirado do edificio con mantemento de fachada a vía ou a espazo libre de uso público, ou do seu desmontado e reconstrución.
A quen está dirixido
Calquera persoa física ou xurídica.
Como facelo
Por Internet
Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.
Presencialmente
Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co justificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.
Documentación requirida
- Datos identificativos da persoa solicitante
- Persoas físicas
DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). - Persoas xurídicas
1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
- Persoas físicas
- Escritura pública de propiedade do terreo
Dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.
- Reportaxe fotográfica da edificación e da parcela
Subscrita pola persoa solicitante e polo técnico redactor do proxecto. Nos casos de edificación en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.
- Oficio de dirección das obras
- Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento
- No caso de edificacións apegadas e cando proceda
- Documentación acreditativa da mancomunidade de patios ou garaxes ou compromisos cos lindantes
- Autorizacións sectoriais previas preceptivas
- No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial
- Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto
No que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
- Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto
- En edificacións incluídas nas zonas de ordenanza 2 e nos casos particulares da ordenanza 1
- Resultado da consulta previa ante a comisión de seguimento do PEEC
Será preceptiva ata que sexa aprobado definitivamente o Plan Especial do Ensanche.
- Resultado da consulta previa ante a comisión de seguimento do PEEC
- Se achega proxecto básico
- Proxecto técnico
Redactado por técnico competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código Técnico da Edificación e no anexo I da Ordenanza de tramitación de licenzas (2 copias ) (3 copias en edificios catalogados) (1 copia presentación telemática). - Xustificación do cumprimento da ordenanza municipal sobre captación e aproveitamento de enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións no termo municipal de Vigo
Só obras de reestructuración xeral - Plano dos perfís
Se as obras para as que se solicita licenza comportan a execución de escavacións, terrapléns, desmonte ou rebaixe de terras.
Achegará plano dos perfís que se consideren necesarios para apreciar o volume e características da obra a realizar así como os de detalles precisos que indiquen as precaucións a adoptar en relación coa propia obra, vía pública e fincas ou construcións veciñas que poidan ser afectadas polo desmonte ou terraplén.
- Proxecto técnico
- Se achega proxecto básico e execución (ademais da documentación anterior)
- Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións
Redactado polo técnico competente de acordo co RD.lei 1/1998 (no caso de edificios con división horizontal). (1 copia) (só obras de reestructuración xeral). - Estudo de Seguridade e Saúde
Segundo R.d. 1627/1997 redactado polo técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional. - Proxecto técnico da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria
Redactado por técnico competente (só obras de reestructuración xeral). - Oficio da dirección da execución da obra
- Estudio de xestión de residuos
Segundo R.d. 105/2008.
- Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións
- Se a edificación ten por obxecto o desenvolvemento dunha actividade
- Proxecto técnico da actividade e das instalacións
- Declaración expresa
Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico. - A autorización ou declaración ambiental que proceda
- Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos
Xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
Oficinas
- Gerencia Municipal de Urbanismo
Plaza del Rey s/n
Teléfono: 986 810 349Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
- Ordenanza municipal reguladora de la tramitación de las licencias urbanísticas y otras formas de intervención administrativa aprobada el día 28.10.2013 (BOP de Pontevedra número 235, del 9 de diciembre de 2013), y adaptación de los anexos y de los modelos normalizad
Trámites relacionados
- OB-007 Licencia de Obra (Varios)
- OB-001 Licencia de Obra Nueva
- OB-003 Licencia de Obras de Reforma y Consolidación
- OB-004 Licencia de Obras de Movimiento de Tierras
- OB-005 Licencia de Parcelamiento o Informe de Innecesidad de Parcelamiento
- OB-006 Licencia de intervenciones menores en Edificios Catalogados
- OB-008 Licencia de Obra de Reforma Comercial (Edificios Catalogados)
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo