Inscrición no Rexistro Municipal de Parellas de Feito
Unha parella de feito é a unión de dúas persoas, con independencia da súa opción sexual, a fin de convivir de forma estable, nunha relación de afectividade análoga á conxugal.
Mediante este trámite farase a inscrición no rexistro municipal de parellas de feito.
A quen está dirixido
A parella deberá estar empadroada no Concello de Vigo e residir no mesmo domicilio.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Presencialmente
Deberá comparecer a parella interesada na oficina do Servizo de Participación Cidadá cos documentos requeridos a fin de proceder a súa inscrición.
Días: Martes e Venres; Horario: 9:00 13:30 horas.
Documentación requirida
- DNI
De ambos interesados. No caso de estranxeiros NIE ou Pasaporte.
- A parella deberá estar empadroada no mesmo domicilio no Concello de Vigo.
Aínda que non se esixe o volante de empadroamento, é requisito imprescindible que a parella estea empadroada no Concello de Vigo no mesmo domicilio, este feito será comprobado polo persoal do Concello.
Observacións
Para calquera outra información relacionada:
Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller:
C/ Romil 20
Tel: 986 29 39 63
Oficina de Información ao Inmigrante e Emigrante:
Rúa Martínez Garrido, 21. Interior
Correo Electrónico: ofi.inmigracion@vigo.org
Tel: 986 44 23 56
Oficinas
- Oficina do Servizo de Participación Cidadá
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta 2ª
Teléfonos: 986 810 157 / 986 810 290
Fax: 986 810 263
Correo electrónico: ofi.pcidada@vigo.org // ofi.acidada@vigo.orgHorario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo