Ingreso a Conta Semestral da Taxa por Ocupación de Solo, Subsolo ou Voo das Vías Públicas Municipais por Empresas Explotadoras de Servizos de Subministracións que Resulten de Interese Xeral (Autoliquidación)

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

A Taxa por ocupación de solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais por empresas explotadoras de servizos de subministracións que resulten de interese xeral está regulada na Ordenanza Fiscal nº30.

As empresas explotadoras de servizos de subministracións ingresarán, polo procedemento de autoliquidación, no primeiro mes de cada semestre, o importe da taxa a que alude o apartado 5 do artigo 4 da ordenanza 30, correspondente ao semestre anterior. As autoliquidacións practicadas terán carácter de "a conta" da autoliquidación de regularización que se presentará antes do 30 de xullo do exercicio seguinte. A autoliquidación de regularización practicada en xullo deberá ir acompañada de Balance de Situación e Conta de Explotación da entidade, relativos ao exercicio precedente, certificados polo Presidente do Consello de Administración, así como informe da auditoría onde conste expresamente a facturación correspondente ao termo municipal de Vigo no citado período.

O importe da taxa consistirá, en todo caso e sen excepción ningunha, no 1,5 % dos ingresos brutos procedentes da facturación que obteñan anualmente en este termo municipal as referidas empresas.

A quen está dirixido

Empresas explotadoras de servizos de subministracións que resulten de interese xeral ou afecten á xeneralidade ou a unha parte importante do veciñanza que fagan utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituidos no solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais.

Cando o aproveitamento afecte ao resto do dominio público municipal, aplicaranse, según a clase do mesmo, a tarifa das establecidas na Ordenanza Fiscal nº30, con carácter xeral, que corresponda.

A estes efectos, incluiranse entre as empresas explotadoras de ditos servizos as empresas distribuidoras e comercializadoras dos mesmos.

Non se incluirán neste réxime especial de cuantificación da taxa os servicios de telefonía móbil.

Este réxime especial de cuantificación aplicarase as empresas referidas, tanto se son titulares das correspondentes redes a través das que se efectúan os subministracións como se, non sendo titulares de ditas redes, ou son de dereitos de uso, acceso ou interconexión ás mesmas. Non obstante o anterior, as empresas do sector de telecomunicacións só tributarán mediante este réxime de cuantificación se son titulares das redes.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

  • Impreso de autoliquidación da taxa por ocupación do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais por empresas de servizos de subministracións de interese xeral

Observacións

Cálculo dos ingresos brutos:

A efectos do cálculo da taxa, entenderase por ingresos brutos procedentes da facturación aqueles que, sendo imputables a cada entidade, teñan sido obtidos pola mesma como contraprestación polos servizos prestado en cada termo municipal.

Non se incluirán entre os ingresos brutos, a estes efectos, os impostos indirectos que graven os servizos prestados nin as partidas ou cantidades cobradas por conta de terceiros que non constitúan un ingreso propio da entidade á que se aplique este réxime especial de cuantificación da taxa.

As empresas que empreguen redes alleas para efectuar as subministracións deducirán dos seus ingresos brutos de facturación as cantidades satisfeitas a outras empresas en concepto de acceso ou interconexión ás redes das mesmas. As empresas titulares de tales redes deberán computar as cantidades percibidas por tal concepto entre os seus ingresos brutos de facturación.

O importe derivado da aplicación deste réxime especial non poderá ser repercutido aos usuarios dos servizos de subministración referidos.

Oficinas

  • Administración de Tributos

    Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baixa 36202 Vigo
    Teléfono: 010
    Teléfono: 986 810 0100

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.