Exención do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) para Vehículos Matriculados a Nome de Discapacitados
Liberación da obriga de pago do 100% da cota do imposto.
Aplicación:
1. A exención non resultará aplicable ós suxeitos pasivos beneficiarios das mesmas por máis dun vehículo simultáneamente.
2. A xestión, liquidación, inspección e recadación deste imposto corresponde ao Concello de Vigo sempre que o domicilio que conste no permiso de circulación do vehículo pertenza ao termo municipal.
Período de vixencia:
1. As exencións por certificado do INSS deben solicitarse anualmente.
2. As exencións por certificado da Xunta de Galicia caducarán na primeira das seguintes datas:
a) Data fin da discapacidade.
b) Fin de vixencia do carnet de conducir.
A quen está dirixido
1. Ter unha discapacidade igual ou superior ao 33%.2. Que o domicilio legal da persoa propietaria discapacitada ten que ser igual ó domicilio do vehículo (tal e como contempla a DGT no seu regulamento de vehículos).3. a) Se a persoa discapacitada conduce, na póliza do seguro debe constar a persoa discapacitada como propietaria e conductura habitual única. b) Se a persoa discapacitada precisa axuda de terceiras persoas para o seu desprazamento e consta así no Certificado de Discapacidade, na póliza do seguro pode constar como conductor habitual outra persoa.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Presencialmente
Cubrir a solicitude e entregala xunto coa documentación requirida (fotocopias) na oficina do "Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica".
Prazos
Se solicita no mes de xaneiro, a exención aplicarase nese mesmo ano, fóra do mes de xaneiro, a exención aplicarase para o exercicio seguinte.
Documentación requirida
- Certificado de discapacidade
Pode ser: a) Xunta de Galicia. b) INSS (gran invalidez, permanente, permanente total e absoluta).
- Carné de Conducir
Vixente, da persoa conductora.
- Permiso de Circulación do Vehículo
No que conste a persoa discapacitada como propietaria exclusiva.
- Póliza de Seguro del Vehículo
Vixente asinada polo tomador e pola aseguradora.
- Recibo de pagamento do seguro en vigor
Que conteña: a) Número da póliza. b) Matrícula do vehículo. c) Data de vixencia do seguro.
Oficinas
- Administración de Tributos
Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baixa 36202 Vigo
Teléfono: 010
Teléfono: 986 810 0100Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
- Ordenanza Nº 03: Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica
- Resumo exención IVTM por discapacidade
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo