Exención do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) para a Igrexa Católica e Asociacións Confesionais Non Católicas
Os inmobles da Igrexa Católica, nos termos previstos no Acordo entre o Estado Español e a Santa Sede sobre asuntos económicos, de 3 de xaneiro de 1979, e os das Asociacións Confesionais Non Católicas legalmente recoñecidas, nos termos establecidos nos respectivos acordos de cooperación subscritos en virtude do disposto no artigo 16 da Constitución, estarán exentos do Imposto sobre Bens Inmobles.
A quen está dirixido
A Igrexa Católica e as Asociacións Confesionais Non Católicas legalmente recoñecidas.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Presencialmente
Presentando a solicitude e a documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello.
Documentación requirida
- Igrexa Católica
- Impreso de solicitude de exención do IBI para a Igrexa Católica Pode consultar a Referencia Catastral no recibo do Imposto de Bens Inmobles, na oficina virtual do catastro e nos puntos de información catastral do Concello .
- Certificación da autoridade competente
Conforme os bens para os que se solicita a exención están afectos, aos fins previstos nos artigos 4 y 5 do acordo entre o Estado Español e a Santa Sede sobre asuntos económicos, con descrición detallada e concreta dos usos a que se destinan os devanditos inmobles.
- Asociacións Confesionais Non Católicas
- Impreso de solicitude de exención do IBI para Asociacións Confesionais Non Católicas Pode consultar a Referencia Catastral no recibo do Imposto de Bens Inmobles, na oficina virtual do catastro e nos puntos de información catastral do Concello .
- Certificación da autoridade competente
Conforme os bens para os que se solicita a exención están afectos aos fins relacionados no artígo 11.3 da Lei 24/1992, con descrición detallada e concreta dos usos a que se destinan os devanditos inmobles.
Oficinas
- Oficina do I.B.I.
Concello de Vigo
Administración de Tributos - Departamento de I.B.I.
Planta Baixa
Praza do Rei 1
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 116Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Lexislación relacionada
- Lei 49/2002, de 23 de decembro, de Réxime Fiscal das Entidades sen fines lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado
- Acordo entre o Estado Español e a Santa Sede sobre asuntos económicos, do 3 de xaneiro de 1979
- Lei 24/1992, do 10 de novembro, pola que se aproba o acordo de cooperación do Estado coa Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo