Exención do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Entidades sen Fins Lucrativos
As entidades que cumpran o establecido o artigo 3 da Lei 49/2002, de 23 de decembro, de Réxime Fiscal das Entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado están exentas do pago do Imposto de Bens Inmobles.
A quen está dirixido
As Entidades comprendidas no artigo 2 da Lei 49/2002:
a. Fundacións.
b. Asociacións declaradas de utilidade pública.
c. Organizacións no gubernamentais de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
d. Delegacións de fundacións estranxeiras inscritas no Rexistro de Fundacións.
e. Federacións Deportivas españolas, as federacións deportivas territoriais de ámbito autonómico integradas naquelas, o Comité Olímpico Español e o Comité Paralímpico Español.
f. Federacións e Asociacións das entidades sen fins lucrativos a que se refiren os parágrafos anteriores.
E que cumpran os requisitos do artigo 3 da Lei 49/2002.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Presencialmente
Presentando a solicitude e a documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello.
Documentación requirida
- Copia da escritura fundacional e dos estatutos da mesma
- Copia da memoria
Na que se detalle o cumprimento dos requisitos establecidos no art. 3 da Lei 49/2002, de 23 de decembro, de Réxime Fiscal das Entidades sen fines lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado e a forma en que se cumprirán os mesmos.
- Copia da declaración da alta no Imposto sobre Actividades Económicas
Da actividade que se realiza no inmoble para o que se solicita a exención, no caso de que se trate dunha actividade suxeita.
- Impreso de solicitude de exención do IBI para entidades sen fins lucrativos Pode consultar a Referencia Catastral no recibo do Imposto de Bens Inmobles, na oficina virtual do catastro e nos puntos de información catastral do Concello .
- Xustificante da titularidade do inmoble para o que solicita a exención (Fotocopia)
- Copia da tarxeta de identificación fiscal da entidade
Oficinas
- Oficina do I.B.I.
Concello de Vigo
Administración de Tributos - Departamento de I.B.I.
Planta Baixa
Praza do Rei 1
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 116Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Lexislación relacionada
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo