Declaración Catastral por Cambio de Cultivo ou Aproveitamento, Cambio de Uso ou Demolición ou Derriba de Bens Inmobles
Declaración que ten por obxecto a inscrición ou modificación do Catastro Inmobiliario por :
O cambio de clase de cultivo ou aproveitamento
A modificación do uso ou destino de inmobles o locais que sexan parte de edificacións ou instalacións
A demolición ou derriba total ou parcial de construcións.
A quen está dirixido
O propietario, titular dun dereito real de usufructo ou de superficie, ou titular dunha concesión administrativa dos bens inmobles nos que se produza a alteración ou variación.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
As declaracións catastrais presentaranse de preferentemente de forma electrónica a través da Sede Electrónica da Dirección Xeral do Catastro. Como resultado deste proceso de cumprimentación, xerarase unha predeclaración identificada polo seu número de referencia ou código.
Cando se dispoña dos medios de identificación e sinatura electrónica, dita predeclaración poderá presentarse a través da Sede Electrónica da Dirección Xeral do Catastro.
No caso de carecer dos devanditos medios de identificación e sinatura electrónica, dita predeclaración poderá imprimirse e presentarse nos lugares establecidos para a presentación presencial.
A presentación electrónica das declaracións será obrigatoria cando as formulen:
As Administracións, entidades e organismos públicos que se relacionan no artigo 17.2.d) do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario
As persoas xurídicas
As comunidades de bens, herdanzas xacentes ou entidades sen personalidade xurídica que estean constituídas e identificadas electronicamente de acordo coa normativa tributaria
Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, no exercicio de dita actividade
Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración
Presencialmente
Enchendo o modelo de declaración correspondente: MODELO 900D e seleccionando as opcións 3, 7 ou 8 no apartado OBXECTO DA DECLARACIÓN segundo o tipo de alteración declarada.
Poderá presentarse no Concello en cuxo termo municipal estea situado o ben inmoble a que se refire a declaración, nas Xerencias ou Unidades locais do Catastro, nas Delegacións de Economía e Facenda en que se integran. Nos demais órganos e oficinas que se relacionan no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Documentación requirida
- Modelo 900D Na segunda folla do modelo 900D especifícase a documentación para achegar xunto co modelo de declaración
- No caso de que o declarante actúe como representante do obrigado a declarar:
- Documento Acreditativo da Representación
A tales efectos, achegarase o Modelo catastral de representación ou a acreditación da inscrición da representación no rexistro electrónico de apoderamientos da Administración Xeral do Estado, sen perxuizo da facultade dos interesados de outorgar a súa representación en termos diferentes, acreditándoa por calquera outro medio válido en dereito.
- Documento Acreditativo da Representación
Observacións
Declararanse nun único modelo a adquisición da titularidade de varios bens inmobles sempre que a transmisión de todos eles se formalizara nun mesmo documento (escritura, contrato privado, etc). Tamén poderanse declarar nun mesmo modelo calquera dos feitos, actos ou negocios enumerados no apartado: obxecto da declaración do modelo 900D cando se produciron en unidade de acto.
A declaración deberá presentarse no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á terminación das obras, nos casos de demolición ou derriba das construcións.
Para o caso de cambio de uso nas construcións o prazo será de dous meses contados a partir do día seguinte o outorgamento da autorización administrativa da modificación.
No suposto de cambios de cultivo ou aproveitamento o prazo será de dous meses contados a partir do día seguinte á data da terminación dos traballos necesarios para a realización do cambio de cultivo ou aproveitamento de que se trate.
(Enténdese por cambio de cultivo ou aproveitamento: a transformación de secaño en regadío; arranques de viñedos, oliveiral, etc.; transformacións encamiñadas a saneamento ou mellora; novas plantacións, sen que teñan devandita cualificación os cambios cíclicos ou propios dunha alternativa de cultivos.)
Oficinas
- Oficina de Xestión Catastral Delegada do Concello de Vigo
Praza do Rei nº 1 pranta baixa - 36202 Vigo
ofi.xcatastral@vigo.org
Teléfonos: 986810201 ? 98681000 (ext: 1492, 2294)Horario: De 9 a 13:30 e de 15 a 17:30 de luns a xoves. De 9 a 13:30 venres. Horario de verán (do 1 de xullo ao 31 de agosto de 9 a 13:30)
- Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra. Oficina en Vigo
R/ Lalín n.º 2 1º - 36209 Vigo.
gerencia.pontevedra@catastro.minhafp.es
Teléfono: 986 86 83 11Horario: Horario: 9 a 14 horas
- Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra
R/ Andrés Muruais n.º 4 - 36001 Pontevedra
gerencia.pontevedra@catastro.minhafp.es
Teléfono: 986 86 83 11Horario: Horario: De 9 a 17:30 de luns a xoves. De 9 a 14 venres.
Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro de 9 a 14)
Lexislación relacionada
- Orden HAC/1293/ 2018, do 19 de novembro, pola que se aproba o modelo de declaración de alteracións catastrais dos bens inmobles e se determina a información gráfica e alfanumérica precisa para a tramitación de determinad
- Texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2004, de 5 de marzo
- Real Decreto 417/2006, de 7 de abril, polo que se desenvolve o texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo