CP-009 Comunicación Previa de Estacións ou Instalacións Radioeléctricas

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Comprenden as estacións ou instalacións radioeléctricas utilizadas para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas dispoñibles para o público, agás daquelas que teñan impacto no patrimonio histórico-artístico ou no uso privativo e ocupación dos bens de dominio público ou, tratándose de instalacións de nova construción, teñan impacto en espazos naturais protexidos.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Coa comunicación achegarase copia do proxecto da instalación e indicarase a data de inicio das obras e o prazo de execución. O persoa interesada poderá poñer en servizo a instalación, unha vez finalizadas as obras, o cal acreditará co correspondente certificado final de obra, sempre e cando obteña a Autorización de posta en servizo da Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións, documentos que terá a disposición dos servizos de inspección municipal.

Presencialmente

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
      2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Documento acreditativo da dispoñibilidade do solo ou do espazo para a instalación
    Contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.
  • Xustificación da aprobación do Ministerio de Industria Turismo e Comercio do proxecto da instalación de telecomunicacións
    Que inclúa a totalidade dos sistemas que se van a establecer.
  • Proxecto técnico da instalación
    Asinado por técnico competente, incluíndo planos de situación e deslinde, plantas alzados e seccións da instalación e xustificación do cumprimento das Esixencias Básicas do "Código Técnico da Edificación".
    O proxecto deberá xustificar graficamente que a antena se axusta ás condicións da instalación fixadas na Ordenanza Municipal reguladora das condicións urbanísticas de localización, instalación e funcionamento dos elementos e equipos de telecomunicacións no termo municipal de Vigo.
    No caso de torres o proxecto incluirá un plano de deslinde indicando as construcións existentes nun radio de 100/50 ml.
  • Oficio de dirección das obras
  • Reportaxe fotográfica
    Incluíndo fotografías da totalidade da fachada, nos casos de instalacións sobre cubertas de edificios existentes, e da zona da instalación.
  • Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente
    No que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

Observacións

No ámbito da ordenanza 1 "Cascos históricos" e da ordenanza 2 "Conservación e protección ambiental" do vixente plan xeral e en edificios catalogados e no seus ámbitos de protección deberá solicitar licenza previa para a instalación.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.