CP-006 Comunicación Previa de Cambio de Titularidade de Licenzas de Obra
Os cambios de titularidade de licenzas de obra en vigor comunicaránselle ao concello, con indicación da referencia á licenza que se quere transmitir.
Non se consideran en vigor as licenzas de obras que teñan declaración expresa de caducidade.
A quen está dirixido
Calquera persoa física ou xurídica.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.
Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica
Presencialmente
Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.
Documentación requirida
- Solicitude / Autoliquidación de comunicación previa de cambio de titularidade de licenzas de obra (2 copias)
- Fotocopia do NIF, NIE ou CIF
Do antigo titular e do novo titular e dos representantes, no seu caso.
- Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representación (se procede)
- Documentación acreditativa da transmisión da licenza ao novo titular
- Se para a obtención da licenza que se transmite foi constituída garantía para responder de obras de urbanización ou da reposición de servizos urbanísticos
- Mandamento de Ingreso da Garantía
O novo titular deberá achegar copia do mandamento de ingreso expedido pola Tesourería do Concello do novo aval bancario, ou fianza en metálico, pola mesma cantidade e o mesmo concepto que a garantía prestada polo titular anterior.
- Mandamento de Ingreso da Garantía
Oficinas
- Xerencia Municipal de Urbanismo
Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 349Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
- Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativaaprobada o día 28/10/2013 (BOPPO 235, de 09/12/2013), e adaptación dos anexos e dos modelos normalizados á 15/03/19 (BOPPO de Pontevedra 101, de 29/05/2019)
- Nota Informativa: Efectos das Comunicacións Previas
Trámites relacionados
- CP-002 Comunicación Previa de Obras de Adaptación de Locais para Actividades
- CP-003 Comunicación Previa de Cambio de Titularidade da Actividade
- CP-004 Comunicación Previa para Obras Menores Exentas de Licenza
- CP-007 Comunicación Previa de Inicio de Obra Nova Autorizada (Presentación Proxecto de Execución)
- CP-009 Comunicación Previa de Estacións ou Instalacións Radioeléctricas
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo