CP-003 Comunicación Previa de Cambio de Titularidade da Actividade
Os cambios de titularidade de licenzas de actividade en vigor comunicaránselle ao concello.
Non se consideran en vigor as licenzas de actividades correspondentes a locais nos que cesase a actividade por un período superior aos seis meses, nin as que teñan declaración expresa de caducidade.
A quen está dirixido
Calquera persoa física ou xurídica.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Pode realizar o pago da autoliquidación e enviar a documentación requirida de forma telemática. Deste xeito a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.
Obligatoria de conformidad con el artículo 14.2 de la ley Ley 39/2015 del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones públicas : Personas jurídicas, Entidades sin personalidad jurídica. Profesionales de colegiación obligatoria, en el ejercicio de su actividad profesional y quien represente a obligados a relacionarse de forma electrónica
Presencialmente
Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.
Documentación requirida
- Fotocopia do NIF, NIE ou CIF
Do novo titular e do representante, no seu caso.
- Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representación (se procede)
- Documento que xustifique a posesión do local
Contrato de arrendamento ou escritura de propiedade.
- Medicións sonométricas acreditativas do illamento acústico do local
No caso de actividades nas que o antigo titular substituíse o informe do illamento acústico conseguido no local,(de acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia), pola declaración expresa de que a actividade producirá un nivel sonoro igual o inferior, en calquera horario, a 75dB, deberá achegar a mesma declaración asinada polo novo titular ou informe de illamento acústico.
- Seguro de responsabilidade civil
No caso de actividades recreativas ou espectáculos públicos, documento acreditativo do cambio e da dispoñibilidade do seguro de responsabilidade civil obrigatorio previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia
Observacións
Non se consideran en vigor as actividades correspondentes aos locais nos que cesase a actividade por un período superior aos seis meses, nin as licenzas que teñan declaración expresa de caducidade. Neste caso deberá presentar nova comunicación previa de actividade.
Será, en todo caso, necesaria unha nova comunicación previa nos casos de modificación da clase de actividade, cambio de localización, reforma substancial dos locais, instalacións ou calquera cambio que implique unha variación que afecte a seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.
Oficinas
- Xerencia Municipal de Urbanismo
Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 349Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
- Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativaaprobada o día 28/10/2013 (BOPPO 235, de 09/12/2013), e adaptación dos anexos e dos modelos normalizados á 15/03/19 (BOPPO de Pontevedra 101, de 29/05/2019)
- Nota Informativa: Efectos das Comunicacións Previas
Trámites relacionados
- CP-001 Comunicación Previa de Inicio de Actividade (excepto actividades recreativas e espectáculos) en Locais que non Precisan Obras de Adaptación
- CP-002 Comunicación Previa de Obras de Adaptación de Locais para Actividades
- CP-004 Comunicación Previa para Obras Menores Exentas de Licenza
- CP-007 Comunicación Previa de Inicio de Obra Nova Autorizada (Presentación Proxecto de Execución)
- CP-009 Comunicación Previa de Estacións ou Instalacións Radioeléctricas
- CP-006 Comunicación previa de cambio de titularidade de licenzas de obra
- AR-001 Declaración responsable de apertura de un establecemento destinado a unha actividade recreativa ou espectáculos públicos cunha capacidade inferior ou igual a 500 persoas en Locais que non Precisan Obras de Adaptación
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo