Contratación de Acometidas de Auga
Solicítanse conxuntamente as acometidas de Abastecemento e Saneamento.
O Pleno do Excelentísimo Concello de Vigo, reunido en sesión extrórdinaria o día 25 de outubro de 1990, adxudicou a Seragua FCC Vigo UTE a concesión para a explotación do Servizo Municipal de Augas de Vigo por un período de vinte e cinco anos. A finais de 2002, Seragua pasou a denominarse Aqualia.
A quen está dirixido
Calquera persoa física ou xurídica.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Pode realizar este trámite online a través da páxina de Aqualia.
Presencialmente
Como primeiro paso, o cliente debe acudir ás oficinas de Aqualia para facer o pagamento da Solicitude de Orzamento (3,49 ) e efectuar a entrega da documentación.
Unha vez efectuada a medición e o resto de trámites, remitirase ao cliente o Orzamento.
Documentación requirida
- Escritura de Propiedade
- Licenza Municipal de Obra
- Se é obra de edificio
- Plano de Distribución
Coa situación dos portais de entrada e situación das acometidas de auga e saneamento. Visado polo Colexio de Arquitectos.
- Plano de Distribución
- Plano de situación
Observacións
Forma de pago do orzamento:
En efectivo ou cheque, nas nosas oficinas da rúa Cantabria, de 8:30 a 13:30.
Prazos:
Elaboración do orzamento: 10 días aprox.
Execución da acometida: Dende o pago do orzamento e realización por parte do cliente das actuacións requiridas na súa instalación interior: 15 días aprox.
Validez do orzamento:
60 días dende a súa data de notificación.
Atención o cliente: 900 813 357
Direccións:
Oficina Principal
C/ Cantabria s/n
36206 VIGO
Horario: 8:30 - 13:30 de luns a venres
Oficina no Centro
C/ Venezuela nº 4
36203 VIGO
Horario: 8:30 - 13:30 de luns a venres
Normativa Municipal
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo