Bonificación do 90% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Empresas de Urbanización, Construción e Promoción Inmobiliaria

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Terán dereito a unha bonificación do 90% na cota íntegra do Imposto de Bens Inmobles, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta, e non figuren entre os bens do seu inmobilizado.

A quen está dirixido

Empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria.

O solicitante deberá estar dado de alta no IAE e ser titular, ou telo solicitado, do inmoble.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Facendo a solicitude por escrito en documento regulamentado que deberá entregar, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello.

Documentación requirida

  • Deberá acompañar orixinal de:
    • Certificado onde conste a referencia catastral
      Resultante da agrupación para a que solicita a bonificación, expedido pola Xerencia Territorial do Catastro.
    • Declaración Xurada
      De que a devandita construción é exclusivamente para a venda.
    • Declaración Xurada
      Ou certificado conforme a finca non forma parte do inmobilizado da empresa.
  • Deberá acompañar fotocopia de:
    • Último balance de situación presentado en Facenda
    • Plano de situación da obra
    • C.I.F. da sociedade
    • Modelo 902 de demolición ou derribo da antiga construción
    • Licenza de Obra
      Outorgada polo Concello ou ben o documento que acredite tela solicitada.
  • Unha vez feita a solicitude deberá achegarse en canto sexa posible
    • Certificado que acredite a data de inicio das obras
      Expedido polo técnico-director da obra e visado polo Colexio Oficial.

Observacións

O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá dende o período impositivo seguinte a aquel no que se inicien as obras ata o posterior a terminación das mesmas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construción efectiva, e sen que, en ningún caso, poida exceder de tres períodos impositivos.

Oficinas

  • Oficina do I.B.I.

    Concello de Vigo
    Administración de Tributos - Departamento de I.B.I.
    Planta Baixa
    Praza do Rei 1
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 116

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.