Bonificación do 75% do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Liberación da obriga de pago do 75% da cota do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

A quen está dirixido

Os vehículos das clases turismos, camións, furgóns, furgonetas, vehículos mixtos adaptables, autobuses e autocares, sempre que cumpran as condicións e requisitos seguintes:

- Que se trate de vehículos híbridos (motor eléctrico-gasolina, eléctrico-diésel ou eléctrico-gas) que estean homologados de fábrica, incorporando dispositivos catalizadores, adecuados á súa clase e modelo, que minimicen as emisións contaminantes. Estes vehículos gozarán de bonificación durante dous anos naturais dende a súa primeira bonificación.

- Que se trate de vehículos novos sen matricular, clasificados como turismos de motor de gasolina ou diésel, cuxa marca e modelo se inclúan entre os vehículos máis eficientes con cualificación de Eficiencia Enerxética A) nos termos do Real Decreto 837/2002, de 2 de agosto, aplicando a bonificación durante o ano da primeira bonificación e o segundo. Aplicarase esta bonificación a vehículos novos que, aínda non estando cualificados de eficiencia enerxética A), as súas emisións de CO2 non sexan superiores a 120 g/km.

- Que se trate de vehículos que utilicen como combustible biogás, gas natural comprimido, metano, metanol ou hidróxeno, gozarán da bonificación na cota durante dous anos naturais dende a súa matriculación. Aplicarase esta bonificación a vehículos adscritos a licenzas de autotaxi que utilicen combustible GLP (gases licuados do petroleo).

- Que se trate de vehículos de motor eléctrico e/ou de emisións nulas, gozando da bonificación con carácter indefinido, en tanto manteñan as circunstancias de motor e emisións sinaladas.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Cubrir a solicitude e entregala, xunto coa documentación requirida, na oficina do "Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica".

Documentación requirida

  • Recibo da liquidación de alta do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica
  • Ficha Técnica do Vehículo
  • Permiso de Circulación do Vehículo
  • No caso de tratarse dun vehículo híbrido, ademais:
    • Certificado do concesionario
      Acreditando que se trata dun vehículo híbrido.
  • No caso de tratarse dun vehículo con cualificación de eficiencia enerxética A, ademais:
    • Etiqueta de eficiencia enerxética
      No caso de que apareza incluído na "Guía IDAE de emisións de CO2"

Observacións

- Para que a bonificación xurda efecto no mesmo período impositivo no que se produce a matriculación, a solicitude deberá presentarse no momento de efectuar a primeira autoliquidación.

- No caso de que a solicitude se presente con posterioridade, a bonificación xurdirá efecto para o período impositivo seguinte á data de presentación de dita solicitude, non alcanzando ás cotas devengadas con anterioridade a esta.

Oficinas

  • Administración de Tributos

    Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baixa 36202 Vigo
    Teléfono: 010
    Teléfono: 986 810 0100

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.