Autorización de Acceso ao Casco Histórico para Residentes con Vehículo en Propiedade
Os residentes do Casco Vello Alto para poder circular con seus vehículos polas rúas Cruz Verde, Ferrería, San Sebastián, Subida ao Castelo, Herba, Praza de Arguelles e a rúa de Santiago, deberán obter autorización municipal (distintivo e máis tarxeta magnética intelixente), previa solicitude do interesado nas oficinas administrativas da Policía Local, achegando a documentación que se indica nos apartados seguintes.
A autorización de acceso da dereito a entrar e circular na zona afectada polo sistema de control e tamén a estacionar o vehículo por tempo non superior a cinco minutos.
A quen está dirixido
Persoas empadroadas no Casco Vello de Vigo e que se atopen ao corrente de todo tipo de obrigas tributarias.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
A documentación a achegar é a mesma tanto se realiza a solicitude por primeira vez como se é unha renovación.
Presencialmente
Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e presentalo, xunto coa documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello. En
Por correo
Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e envialo, xunto coa documentación requirida ao Rexistro do Xeral Concello.
Sancións
Os titulares de autorizacións están obrigados a comunicar ao Concello de Vigo, no prazo máximo de quince días hábiles, calquera modificación respecto á titularidade do vehículo, residencia do propietario e demais datos e circunstancias tidas en conta na concesión da autorización. De non se comunicar as modificacións operadas, o Concelleiro Delegado poderá denegar a súa renovación por un período máximo de tres anos.
Documentación requirida
- DNI
- Permiso de Conducir
- Permiso de Circulación do Vehículo
- Tarxeta de Inspección Técnica de Vehículos
- Recibo do Seguro do Vehículo
Observacións
Se se produce un cambio de vehículo deberá realizar novamente a solicitude coa documentación pertinente.
Datos a comprobar pola administración:
1. O nome e domicilio do titular do vehículo que consten no permiso ou licenza de circulación do vehículo deberá coincidir co que figure no padrón.
2. O vehículo deberá de estar dado de alta no padrón do imposto municipal de vehículos e ao corrente dos seus pagamentos.
3. O interesado deberá estar empadroado na zona na que solicita o acceso
Oficinas
- Rexistro Xeral
Concello de Vigo
Praza do Rei 1
36202 - VigoHorario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
- Oficina Policía Local
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 286Horario: De 7:30 a 13:30 horas.
Trámites relacionados
- Autorización de Acceso ao Casco Histórico en Caso de Necesidades Especiais
- Autorización de Acceso ao Casco Histórico para Usuarios de Garaxe
- Autorización de Acceso ao Casco Histórico para Residente Usuario de Vehículo de Empresa coa que Mantén Relación Laboral Contractual
- Autorización de Acceso ao Casco Histórico para Residente con Vehículo en Réxime de Arrendamento Financeiro (Leasing ou Renting)
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo