Autoliquidación Semestral da Taxa por Ocupación de Solo, Subsolo ou Voo das Vías Públicas Municipais por Empresas Explotadoras de Servizos de Telefonía Móbil
A taxa por ocupación de solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais por empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil está regulada na Ordenanza Fiscal nº35.
As empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil deberán ingresar, nos primeiros 30 días naturais de cada semestre natural o importe que resulte da autoliquidación do correspondente semestre conforme ao disposto na Ordenanza Fiscal número 35.
Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial constituído no solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais e outros bens de uso publico municipal, por empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil cuxos servizos se presten mediante utilización total ou parcial de recursos da súa titularidade tales como redes, microceldas, antenas, repetidores e outros que ocupen materialmente dominio público municipal.
A quen está dirixido
Son suxeitos pasivos da taxa as empresas ou entidades explotadoras de servizos de telefonía móbil, con independencia do carácter público ou privado das mesmas, titulares das correspondentes redes, antenas, microceldas ou instalacións a través das que se efectúen as comunicacións.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Presencialmente
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Por correo
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Documentación requirida
- Impreso de autoliquidación da taxa por ocupación do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais por empresas de servizos de subministracións de interese xeral
Observacións
Ordenanza fiscal nº 35: ARTIGO 6.- NORMAS DE XESTIÓN E INGRESO.
Os suxeitos pasivos desta taxa deberán realizar en impreso regulamentario que estará a disposición na Oficina Virtual do Concello (www.vigo.org) nos primeiros 30 días de cada semestre natural, autoliquidación provisional do correspondente semestre e ingreso da cota resultante.
A minoración a que se refire o apartado 4.4 do artigo anterior non será de aplicación na autoliquidación do primeiro semestre que realice o suxeito pasivo. A partir do segundo semestre obxecto de autoliquidación, poderá minorarse a cota calculada segundo o artigo 4 apartados 4.1, 4.2 e 4.3 no importe ingresado en virtude da ordenanza 30 apartado 5 do artigo 4 no semestre anterior.
Esta minoración será obxecto de regularización nos mesmos términos que a prevista no artigo 6.2 da citada ordenanza 30.
Oficinas
- Administración de Tributos
Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baixa 36202 Vigo
Teléfono: 010
Teléfono: 986 810 0100Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo