Autoliquidación por Aproveitamento Especial da Vía Pública con Caixeiros Automáticos

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Ocupación de terreos de uso público local con caixeiros automáticos encostados a edificios en que a súa situación implique un aproveitamento especial da vía pública.

A quen está dirixido

Ás entidades bancarias con caixeiros que ocupen a vía pública.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

  • Impreso de autoliquidación por ocupación da vía pública con caixeiros automáticos

Observacións

As cotas anuais deberán ser ingresadas polo procedemento de autoliquidación ata o 30 de xuño de cada ano.

Instrucións para encher o impreso:

- Consígnese os datos de situación segundo constan no rueiro municipal, facendo constar co máximo detalle posible: Praza ou rúa, Nº, etc.

- Consultará no Anexo da Ordenanza Fiscal Xeral (Categorias Fiscais das Rúas), na Administración de Tributos ou nesta mesma páxina a categoría fiscal que lle corresponde.

- Autoliquidación: Segundo a Ordenanza Nº 30 Reguladora das Taxas por Aproveitamento da Vía Pública ou Utilización Privativa do Dominio Público Local (Epígrafe I, apartado I.5 das tarifas sinaladas no artigo 4).

Oficinas

  • Rexistro Xeral

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Negociado Taxas por ocupación da vía pública

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta Baixa
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 115

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.