Autoliquidación do Imposto sobre Incremento do Valor de Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía)

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Liquidación do Imposto que grava o Incremento de Valor que experimentan os Terreos de Natureza Urbana e que se pon de manifesto coa transmisión da súa propiedade por calquera título (compra-venda, permuta, apartación, donación, herdanza...).

A quen está dirixido

Nas transmisións a título lucrativo a persoa física ou xurídica que adquira o terreo, mentres que nas transmisións a título oneroso será quen o transmita.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por correo electrónico: Remitirán a documentación necesaria á Oficina de Plus-valía do Concello ofi.plusvalias@vigo.org indicando o enderezo ou correo electrónico onde desexe que lle envíen a documentación necesaria para realizar o pagamento. Remitiráselle o impreso de autoliquidación co cálculo do importe a pagar.

Posteriormente deberá presentar o impreso de autoliquidación nas entidades bancarias colaboradoras para facer efectivo o pago.

Presencialmente

Primeiramente deberá ir a Oficina de Plus-valía do Concello, xunto coa documentación necesaria (ver documentación requerida) para cumprimentar o formulario de autoliquidación de forma asistida polo persoal da mesma.

Unha vez cumprimentado e calculado o importe a pagar, ingresará a autoliquidación na entidade bancaria colaboradora.

Por teléfono

Remitirá a documentación a través de Fax (986 810 266). Non esqueza indicar o enderezo ou correo electrónico onde desexa que lle envíen a documentación necesaria para realizar o pagamento. Remitiráselle o impreso de autoliquidación co cálculo do importe a pagar.

Posteriormente deberá presentar o impreso de autoliquidación nas entidades bancarias colaboradoras para facer efectivo o pago.

Por correo

Remitirán a documentación necesaria á Oficina de Plus-valía do Concello indicando o enderezo ou correo electrónico onde desexe que se lle devolva dita documentación. Ademáis remitiráselle o impreso de autoliquidación co cálculo do importe a pagar.

Posteriormente deberá presentar o impreso de autoliquidación nas entidades bancarias colaboradoras para facer efectivo o pago.

Sancións

Será de aplicación a Ordenanza Fiscal Xeneral do Concello, Lei Xeral Tributaria e restante normativa de aplicación.

Documentación requirida

  • Se actúa en representación doutra persoa (natural ou xurídica)
  • Nos casos de transmisións intervivos (é dicir para os casos de compra-vendas, permutas, apartacións, doazóns ou calquera outra transmisión de dominio feita pública ante notario)
    • Escritura da transmisión do dominio
      (fotocopia)
      - No caso de non constar na citada escritura a referencia catastral, aportarase certificación descritiva e gráfica do ben inmoble.
      - Títulos de propiedade dos bens obxecto da transmisión en caso de non figurar reflectidos na escritura.
  • Nos casos de transmisións mortis causa
    • Modelo D-650
      (fotocopia)
      (Imposto de sucesións) presentado na Xunta de Galicia. Pode consultar o borrador deste modelo nesta páxina.
    • Título/s de Propiedade
      (fotocopia)
      (escrituras de compra, cupos...) ou escritura de adxudicación de herdanza.

Observacións

Gozarán dunha bonificación do 50% na cota íntegra cando o feito impoñible consista na transmisión de dominio mortis causa en relación á vivenda habitual do causante a favor do seu cónxuxe, descendentes e ascendentes.

Oficinas

  • Oficina de Plusvalía

    Concello de Vigo Administración de Tributos - Departamento de Plusvalía Planta Baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo Teléfono: 986 810 264 Fax: 986 810 264 Email: ofi.plusvalias@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.