Youtubeir@s
Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración
Descripción
Youtubeir@s é un programa colaborativo entre varios concellos (A Baña, Ames, Carballo, O Grove, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela e Teo), as tres universidades galegas e a Deputación da Coruña.Ten como obxectivo aumentar o uso do galego na produción e reproducción de vídeos domésticos, especialmente a través da canle máis habitual para a difusión deste tipo de autoproducións.
Por unha banda procurará que as persoas que habitualmente autoproducen audiovisuais o fagan e galego e, por outra, que aquelas que teñen contidos de interese pero non utilizan este tipo de recurso o poidan facer, incentivándoos con formación e premios, e, asemade, darálles máis visibilidade ás producións que están dispoñibles en galego. En resumo, pretendemos converter as e o os youtubers en youtubeiros e youtubeiras.
O programa inclúe un concurso de vídeos no que caben todas as modalidades posibles e habituais (titoriais de calquera temática, vídeoblogs, comentario de xogos ) e no que pode participar calquera persoa cun procedemento sinxelo e un prazo moi amplo no que, asemade, se van organizando diferentes iniciativas de dinamización nas redes e tamén obradoiros formativos para axudar a todas as persoas que poden ter algo que contar mais non manexan as ferramentas ou precisan dalgunha axuda.
Dirigido a
Calquera pesoa maior de 14 anos.Notas para el ciudadano
Máis información en:- www.youtubeiras.gal
- www.facebook.com/youtubeiras
Se solicita
Lengua GallegaDirección: Pazo de Raxoi, entrada polo baixo da Travesía de Raxoi, 1º andar
Tel.: 981 542 409
Web: http://www.facebook.com/linguagalegasantiagodecompostela
Correo: dlg@santiagodecompostela.gal