Declaración-Liquidación Anual Complementaria das Autoliquidaciones Provisionais Semestrais por Ocupación de Dominio Público Empresas Explotadoras de Servizos de Telefonía Móbil
Conforme ao disposto no artigo 6.2 os suxeitos pasivos realizarán declaración-liquidación complementaria con ingreso adicional ou solicitude de devolución- do exercicio da imposición, no momento no que os datos do exercicio relevante consten na información da CMT e, en todo caso con data límite 30 de setembro do exercicio seguinte ao da imposición.
A quen está dirixido
Empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil cuxos servizos se presten en Vigo mediante utilización total ou parcial de antenas fixas, redes ou instalacións que materialmente ocupen dominio público municipal, con independencia de quen sexa o titular daquelas.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Pulse en el botón Tramitar por Internet y siga los pasos que se le indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Presencialmente
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Por correo
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Documentación requirida
- Impreso de declaración-liquidación anual complementaria da taxa por utilización privativa e aproveitamento especial constituído no solo, subsolo ou voo da vía pública por empresas de telefonía móbil
Observacións
Cálculo da taxa:
A base impoñible estará constituída polos ingresos medios anuais derivados das operacións da totalidade das liñas de comunicacións móbiles da empresa cuxos abonados teñan o seu domicilio no término municipal de Vigo.
A base impoñible será o resultado de multiplicar o número de liñas pospago da empresa no termino municipal de Vigo, a 31 de decembro, polos ingresos medios anuais por liña da citada empresa a nivel estatal, referidos ao exercicio da imposición.
BI = NLEtm x IMO
Sendo:
BI: Base impoñible correspondente a unha empresa.
NLEtm: Número de liñas pospago da empresa no termino municipal de Vigo, a 31 de decembro do exercicio da imposición.
IMO: Ingreso medio de operacións por liña pospago (ITOte/NLEte) no exercicio da imposición.
Os ingresos medios anuais aos que se refire o parágrafo anterior, obteranse dividindo a cifra de ingresos anuais do operador de telecomunicacións móbiles en todo o territorio estatal tanto os derivados de liñas pospago como de prepago- polo número de liñas pospago a nivel estatal de dito operador, conforme á seguinte formula de cálculo:
IMO = ITOte/NLEte
Sendo:
ITOte: Ingresos totais por operacións da empresa en todo o territorio estatal, incluíndo tanto os derivados de liñas pospago como de prepago.
NLEte: Número total de liñas pospago da empresa en todo o territorio estatal.
A cota tributaria é o resultado de aplicar o tipo impositivo do 1,4% á base impoñible.
Oficinas
- Administración de Tributos
Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baixa 36202 Vigo
Teléfono: 010
Teléfono: 986 810 0100Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo