Axudas á Conciliación da Vida Familiar e Laboral para os Traballadores que se Acollan á Redución da súa Xornada de Traballo
Axudas á Conciliación da Vida Familiar e Laboral para os Traballadores que se Acollan á Redución da súa Xornada de Traballo
Tramitación da concesión de axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.
A quen está dirixido
Beneficiarios:
a) Homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes das mesmas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social, que se acollan á redución de xornada á que se alude no artigo 2 da presente resolución.
b) Familias monoparentais nas que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada á que se alude no artigo 2 da presente resolución.
Requisitos:
a) As persoas solicitantes deberán estar inscritas no padrón de calquera municipio dos integrados no territorio da comunidade autónoma galega, polo menos cun ano de antelación á presentación da solicitude.
b) No caso das familias non monoparentais, o outro membro da unidade familiar deberá ser traballadora por conta allea ou ben autónoma.
c) Que na data da solicitude a/o filla/o conviva coa persoa solicitante.
d) Que o período solicitado non coincida co permiso por maternidade nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade.
Como facelo
Presencialmente
Para máis información, impresos de solicitude, documentación requirida etc. visite a seguinte páxina web da Xunta de Galicia.
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo