Exención da Taxa de Recollida de Lixo de Vivendas
Trámite para quedar exento do pago da taxa por recollida de residuos sólidos urbanos no termo municipal de Vigo, o seu transporte aos centros de eliminación e posterior tratamento.
A quen está dirixido
En xeral: Estarán exentos de pago da Taxa de Lixo das vivendas que constitúan a residencia habitual do solicitante, os membros de familias con ingresos brutos anuais, per cápita, inferiores a 4.166 , e 6.519 para o caso de familias numerosas.Ademais, a titularidade de Bens Inmobles de Natureza Urbana, fóra da vivenda na que residen, non poderá superar un valor catastral total de 50.538 . O ingreso bruto anual per capita calcularase dividindo a totalidade dos ingresos brutos anuais de todas as persoas que convivan nunha vivenda entre o número total daquelas.
Familias Numerosas: Deberán acompañar o título de familia numerosa vixente a 1 de xaneiro do exercicio no que producirá efectos a exención.
Persoas maiores de 65 anos: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,50 (redución do 50%).
Persoas que vivan soas: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,55 (redución do 45%).
Persoas maiores de 65 anos que vivan sos: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,35 (redución do 65%).
Vítimas violencia de xénero con sentenza firme: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,35 (redución do 65%) nun período de 5 anos a contar desde a data da sentenza firme.
Familias Monoparentais: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,55 (redución do 45%) se só percibe ingresos o proxenitor/a custodio/a, e os fillos non finalizasen o ensino obligatorio, non contabilizando prestacións de fillos por minusvalía, invalidez ou similares.
Desempregados de longa duración: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,35% (redución do 65%), ás persoas con cargas familiares que leven en situación de desemprego máis de 22 meses ininterrompidos.
Dependentes con resolución de dependencia: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,50 (redución do 50%), con independencia do seu grado.
Dependentes maiores de 65 anos: Aplicarase un coeficiente redutor do 0,35 (redución do 65% dos seus ingresos brutos).
Dependentes maiores de 65 anos que vivan sos: Aplicarase un coeficiente redutor do 0,30 (redución do 70% dos seus ingresos brutos).
Discapacitados:
Grao maior do 65%: computará como 2 persoas no cálculo da renda percápita.
Grao entre o 33 e o 65%: computará como 1,5 persoas no cálculo da renda percápita.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Presencialmente
As solicitudes de bonificación ou exención deberán ser presentadas xunto coa documentación requerida, na oficina de Lixo Vivendas do Concello de Vigo, na Praza do Rei, entre o 1 de outubro e o 31 de decembro de cada ano e, no caso de resultaren estimadas, producirán efectos para o exercicio seguinte a aquel no que foran presentadas.
As persoas maiores de 65 anos que vivan soas presentarán a solicitude unha única vez, e a Administración Tributaria actuará de oficio nos sucesivos exercicios.
Documentación requirida
- Solicitude de Exención da Taxa de Recollida de Lixo Ver instrucións na última folla.
- Solicitude de Exención para Familias Numerosas da Taxa de Recollida de Lixo Inclúe solicitude para bonificación de IBI por familia numerosa e exención da taxa de lixo vivenda
- Se é inquilino da vivenda
- Recibo de Aluguer da Vivenda (Fotocopia)
- No caso de familias monoparentais ademais:
- Certificado de Familia Monoparental expedido pola Xunta de Galicia
- Fotocopia do libro de familia
- Xustificante da escolarizacion dos fillos na E.S.O.
Só no caso de ter fillos de 17 e 18 anos.
- No caso de ser vítima de violencia de xénero ademais:
- Copia da sentenza firme onde se recolla dita situación
Non sendo ésta xustificable con ningún outro documento xudicial, e sempre e cando non tiveran transcorrido máis de 5 anos dende a data de dito documento.
- Copia da sentenza firme onde se recolla dita situación
- No caso de desempregados de larga duración con cargas familiares, ademáis:
- Certificado do Servicio Público de Emprego Estatal
Deberá xustificar a permanencia de 22 meses ininterrompidos na situación de desemprego.
- Certificado do Servicio Público de Emprego Estatal
- No caso de familias numerosas ademais:
- Título de Familia Numerosa
Vixente a 1 de xaneiro do exercicio en que deba surtir efectos a exención. (Fotocopia).
- Título de Familia Numerosa
- No caso de persoas dependentes ademais:
- Resolución de Dependencia
Non de minusvalía ou discapacidade (Fotocopia)
- Resolución de Dependencia
- No caso de persoas con discapacidade:
- Resolución do grado de minusvalía por discapacidade e carácter da discapacidade da Xunta de Galicia
Deberá constar o carácter e grao da discapacidade.
- Resolución do grado de minusvalía por discapacidade e carácter da discapacidade da Xunta de Galicia
Observacións
De presentarse algunha solicitude de exención entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro, será revisada e tramitada, entre o 1 de outubro e o 31 de decembro, e producirá efectos para o exercicio seguinte a aquel en que fora presentada.
Oficinas
- Administración de Tributos: Lixo-Vivendas
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 173 - 986 810 198Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
- Título de Familia Numerosa
- Pago da Taxa por Recollida de Lixo en Vivendas
- Certificado de Ter Pago o Recibo da Taxa pola Recollida de Lixo Vivenda
- Domiciliación da Taxa pola Recollida de Lixo Vivendas
- Impresión do Recibo para o Pagamento da Taxa pola Recollida de Lixo Vivendas
- Bonificación do 90% ou 50% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e Exención da Taxa de Recollida de Lixo Vivendas por Familia Numerosa
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo