Ayuntamiento de Orense

  • Descrición

    O SAF é una prestación básica dos Servizos Sociais Comunitarios. Trátase dun servizo público de carácter local, que ofrece un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual

    Dirixido a

    Poderán ser usuarios do SAF en réximen de libre concurrencia aquelas persoas ou familias que non lles asista o dereito efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia e que se encadren nun marco de problemáticas concretas, sempre que se trate de persoas ou unidades de convivencia empadroadas no Concello de Ourense con unha antigüidade de tres meses e que reúnan os seguintes requisitos:

    • Persoas con certo nivel de dependencia que non teñan apoio de ninguén e con esta axuda poidan continuar vivindo no seu fogar
    • Persoas con discapacidade ás que a axuda no fogar lles poida mellorar o seu nivel de desenvolvemento persoal
    • Familias que teñan anciáns, persoas con discapacidade ou enfermos crónicos ao seu cargo e que precisan axuda para continuar atendéndoos
    • Persoas afectadas por una lesión, enfermidade física ou mental ou por outros motivos, que precisen das prestacións do servizo de axuda no fogar
    • Persoas ou familias con grave risco de desestructuración e/ou exclusión

    En xeral, poderán ser usuarios do SAF aquelas persoas e/ou familias nas que existe una situación de necesidade de atención e que, de acordo coa valoración dos/as traballadores/as sociais dos servizos sociais comunitarios municipais, supoña o SAF o recurso idóneo de atención.

    Como facelo

    A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Documentación requirida

    • Fotocopia cotexada do DNI dos membros da unidade de convivencia
    • Fotocopia cotexada da tarxeta sanitaria dos membros da unidade de convivencia
    • Informe médico que acredite a carencia de autonomía, estado de saúde e prescrición de tratamentos (anexo V da ordenanza reguladora do SAF)
    • Certificado de discapacidade e/ou certificado de grao e nivel de dependencia, de selo caso
    • Xustificantes de ingresos e patrimonio da persoa solicitante e do resto de membros da unidade de convivencia:
      • Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios, etc… que perciban do último exercicio fiscal
      • Declaración responsable acerca do patrimonio na que se detalle o conxunto das titularidades de bens e dereitos de contido económico, de xeito que quede completamente acreditada a súa situación patrimonial
      • Declaración responsable dos ingresos percibidos ou de carecer deles
      • Autorización de acceso para a obtención de datos doutras administacións públicas
    • Xustificante de aluguer de vivenda, de selo caso, ou outro documento xustificativo do réxime de tenencia
    • Declaración responsable de gardador de feito (achégase modelo) ou copia cotexada da sentenza de incapacitación legal e nomeamento do titor/representante legal (de selo caso)
    • Fotocopia cotexada do DNI do gardador de feito ou representante legal
    • Calquera outra documentación que sexa requirida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente

    En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes individuais ou familiares realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Para cita previa.Oficina de Atención ao Cidadán Praza Maior nº 1 baixo 988 390 929 de 9.00h a 14 h.
    Para tramitación co traballador/a social baixo cita previa: Asuntos Sociais Rúa Bispo Carrascosa Nº8 A – Baixo. 988 388 133 de 9 h a 14 h.
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Para cita previa.Oficina de Atención ao Cidadán Praza Maior nº 1 baixo 988 390 929
    Para tramitación co traballador/a social baixo cita previa: Asuntos Sociais Rúa Bispo Carrascosa Nº8 A – Baixo. 988 388 133
    Oficina Horario
    Para cita previa.Oficina de Atención ao Cidadán de 9.00h a 14 h.
    Para tramitación co traballador/a social baixo cita previa: Asuntos Sociais de 9 h a 14 h.

    Normativa

    Normativa Municipal

    Preguntas frecuentes

    O servizo de axuda no fogar é gratuito?

    Non, a participación no custe do servizo ven determinada pola capacidade económica da persoa ou unidade de convivencia e para o seu cálculo computarase: 1) a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia; 2) o patrimonio neto de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia

    Quen pode solicitar a súa inclusión no servizo de axuda no fogar?

    Calquera persoa que cumpla os requisitos establecidos na Ordenanza reguladora e que alcance os 39 puntos mínimos na aplicación do baremo que indica o Informe Social (Anexo IV da Ordenanza reguladora do servizo)

    Qué tarefas se desenvolven no servizo de axuda no fogar?

    As que se establezan no proxecto de intervención (Anexo II da Ordenanza reguladora) e sempre orientadas a atencións de carácter persoal. En todo caso, as tarefas domésticas non superarán as tres horas semanais

    Cal é o horario na prestación do servizo?

    O horario de prestación do servizo será dende as 8 horas atas as 20:00 horas, de luns a venres.

  • Descrición

    Requisitos de iniciación:

    • Ser parte implicadas no accidente ou estar autorizada por elas.
    • Ser pai/nai ou titor legal en caso de ser menor.
    • Contar co correspondente poder da compañía aseguradora para solicitar o atestado/incidencia.

    Como facelo

    1. Comprobación de que o atestado corresponde á demarcación de actuación da Policía Local de Ourense. Antes de realizar a solicitude ou de pagar a taxa, é recomendable contactar coa Oficina de Atestados, chamando entre as 10h e as 12h ao teléfono 988511608, con fin de comprobar que o atestado corresponde cos demarcación de actuación da Policía Local de Ourense.
    2. Pago da taxa. Antes de presentar a solicitude, debe pagar a taxa. Pode realizar a autoliquidación da taxa no seguinte enlace: Taxa por expedición de documentos administrativos. Unha vez que estea no formulario da autoliquidación debe seleccionar o tipo de documento que liquidará: Atestado ou informe policial segundo sexa o caso.
    3. Presentar a solicitude. Realizado o pago da taxa, debe presentar a solicitude. Para presentar a solicitude dispón dos seguintes métodos de tramitación:

    Tramitación Electrónica

    As persoas obrigadas polo artigo 14.2 da Lei 39/2015 a relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración, deberán seleccionar este método de tramitación, non sendo válida para elas un método diferente de tramitación.

    Para presentar a solicitude de maneira electrónica, debe:

    1. Descargar e cubrir o modelo de "Solicitude de atestados ou incidencias de tráfico nos que actuou a policía local".
    2. Reunir o resto de documentación requirida e aquela outra que vostede desexe incluír coa súa solicitude. Debe ter en conta que o rexistro electrónico admite:
      • un máximo de 15 documentos
      • no formato PDF
      • un tamaño máximo por documento de 8.00 MB
    3. Realizar a sinatura electrónica de todos os documentos (modelo de solicitude e demais documentos). A Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentación, polo que o proceso de sinatura electrónica debe ser realizado no ordenador do solicitante. No caso de necesitar información sobre como realizar a sinatura electrónica de documentos, pode consultar a "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos (PDF)
    4. No caso de non telo feito antes, deberá identificarse na Sede empregando un certificado electrónico ou outro dos métodos de validación de Cl@ve. Logo da identificación atoparase no seu espazo persoal da Sede
    5. Acceder ao “Rexistro electrónico” e seleccionar a "Solicitude de atestados de tráfico e incidencias sobre accidentes de tráfico nos que actuou a Policía Local".
    6. Engadir toda a documentación, que tal e como se indicou no paso 3 debe estar asinada co seu certificado dixital.
    7. Enviar a solicitude.

    Feito o envío obterá un xustificante de rexistro de entrada no Concello.

    Tramitación Presencial

    No caso de tratarse dunha persoa física pode optar por realizar a tramitación electrónica explicada nos parágrafos anteriores, ou realizar a tramitación presencial.

    Para a tramitación presencial, debe presentar a solicitude e o resto de documentación en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tlfno.: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tlfno.: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén poderá presentar a solicitude nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Documentación requirida

    • Solicitude de atestados e incidencias de tráfico nos que actuou a policía local.
    • Xustificante de pagamento da taxa.
    • No caso de que a persoa implicada no incidente de tráfico non coincida coa persoa solicitante, será necesario un documento que acredite que a persoa implicada autoriza a persoa solicitante a obter unha copia do atestado/incidencia de tráfico.

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Xefatura da Policía Local de Ourense Rúa Victoria Kent, 1. 32005 Ourense 988511608 - 988388138 Atención á cidadanía de luns a venres de 9h a 14h presencialmente ou de 10h a 12h vía teléfono.
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Xefatura da Policía Local de Ourense Rúa Victoria Kent, 1. 32005 Ourense 988511608 - 988388138
    Oficina Horario
    Xefatura da Policía Local de Ourense Atención á cidadanía de luns a venres de 9h a 14h presencialmente ou de 10h a 12h vía teléfono.

    Normativa

    Tramitar en liña

  • Como facelo

    Pódese presentar en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Normativa

  • Dirixido a

    Asociacións e fundacións de disminuidos físicos, psíquicos e sensoriais, sen ánimo de lucro.

    Como facelo

    Pódese presentar en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114 de 9 h a 14 h.
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114
    Oficina Horario
    Servizo de Facenda de 9 h a 14 h.

    Normativa

    Normativa municipal

  • Descrición

    O Concello de Ourense ofrece un formulario online para que a cidadanía poida realizar consultas e comunicar incidencias sobre calquera servizo municipal e sobre o funcionamiento da cidade.

    As consultas enviadas nesta sección, non terán en ningún caso, a cualificación de recurso administrativo, nin paralizará os prazos establecidos na normativa vixente para interpoñer un recurso.

    As persoas interesadas, con independencia de estas peticións, poderán presentar as reclamacións e recursos previstos nas Normas reguladoras do procedemento administrativo que estimen convenientes.

    Como facelo

    Para solicitar información ou comunicar incidencias debe seleccionar o botón "TRAMITAR" que aparece tanto na parte superior coma inferior desta páxina, con isto abandonará a Sede eléctronica e accederá ao formulario online.

    Información de interese

    O Concello de Ourense ofrece a través de internet outras canles de comunicación para que a cidadanía poida comunicar suxestións e queixas por tardanzas, desatencións, retrasos ou calquera outra anomalía no funcionamento dos servizos municipais:

    Outros medios para contactar co Concello:

    Correo Postal:
    Concello de Ourense
    Praza Maior nº1
    32005 Ourense

    Teléfono:
    Centraliña do Concello: 988 38 81 00

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Oficina de Atención ao Cidadán Praza Maior nº 1, Baixo. cp 32005 988 392 909 de 9.00h a 14.00h
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Oficina de Atención ao Cidadán Praza Maior nº 1, Baixo. cp 32005 988 392 909
    Oficina Horario
    Oficina de Atención ao Cidadán de 9.00h a 14.00h
    Tramitar

  • Descrición

    A solicitude xenérica será utilizada para iniciar todos aquelles procedementos para os cales os servizos municipais non teñan determinado un inicio de tramitación específico.

    Como facelo

    Electrónicamente

    No caso de que o procedemento que desexe tramitar non se atope especificamente incluído como un procedemento que poida iniciar de maneira electrónica nesta Sede, sempre pode recorrer a iniciar un procedemento do tipo “Solicitude xenérica".

    Para presentar a solicitude de maneira electrónica, vostede deberá:

    • Cubrir a "Instancia de procedementos xerais".
    • Recompilar o resto de documentación que queira a aportar.
    • Asinar electrónicamente todos os documentos (instancia e demáis documentos) a engadir coa súa solicitude. A Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentación, así que os documentos deben ser asinados electrónicamente no seu equipo. No caso de necesitar información sobre como asinar electrónicamente un documento no seu equipo, pode consultar o documento "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos PDF"
    • Identificarse na Sede.
    • Acceder ao "Rexistro electrónico" e tramitar unha solicitude do tipo "Solicitude xenérica".
    • Engadir a documentación asinada electrónicamente.
    • Enviar a solicitude.

    Feito o envío obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.

    Presencialmente

    Antes de optar por presentar unha solicitude do tipo "Solicitude xenérica", debe comprobar que non existe un procedemento especifico (incluíndo modelos de solicitude específicos) para iniciar a xestión que necesita realizar, en tal caso, sería desexable que seguise o descrito no procedemento en cuestión.

    Para realizar unha solicitude de "Solicitude xenérica", pode presentar o modelo instancia e resto de documentación en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Documentación requirida

    Indicarlle que na tramitación electrónica da "Solicitude xenérica" só é esixible o modelo de solicitude "Instancia procedementos xerais", pero en función do tipo de solicitude que desexe realizar poida que sexa necesario achegar a parte do modelo esixido, outra documentación. Por iso, recomendámoslle que se informe correctamente da documentación que ten que achegar coa súa solicitude, para deste xeito evitar ter que emendar errores por falta de documentación.

    En relación a Instancia procedementos xerais" esta débese cumprimentar cos seguintes datos:

    • Nome e apelidos do interesado e, no seu caso, a persoa que o represente, así como a identificación do medio preferente ou do lugar que se sinale a efectos de notificacións.
    • Feitos, razóns e petición.
    • Lugar e data.
    • Sinatura.
    • Órgano, centro ou unidade administrativa a quen va dirixido.

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Oficina Municipal da Ponte Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte) 988 511 442 De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
    Rexistro Xeral Praza Maior nº 1 988 388100 Atención ao público de 9 h a 14 h
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Oficina Municipal da Ponte Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte) 988 511 442
    Rexistro Xeral Praza Maior nº 1 988 388100
    Oficina Horario
    Oficina Municipal da Ponte De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
    Rexistro Xeral Atención ao público de 9 h a 14 h
    Tramitar en liña

  • Descrición

    O Concello de Ourense ofrece un formulario online para que a cidadanía poida comunicar suxestións e queixas por tardanzas, desatencións, retrasos ou calquera outra anomalía no funcionamento dos servizos municipais.

    As suxestións ou queixas enviadas nesta sección, non terán en ningún caso, a cualificación de recurso administrativo, nin paralizará os prazos establecidos na normativa vixente para interpoñer un recurso.

    As persoas interesadas, con independencia destas peticións, poderán presentar as reclamacións e recursos previstos nas Normas reguladoras do procedemento administrativo que estimen convenientes.

    Como facelo

    Para indicar unha suxestión ou reclamación debe seleccionar o botón "TRAMITAR" que aparece nesta páxina. Con isto abandonará a Sede eléctronica e accederá ao formulario online.

    Información de interese

    Outros medios para contactar co Concello:

    Correo Postal:
    Concello de Ourense
    Praza Maior nº1
    32005 Ourense

    Teléfono:
    Centraliña do Concello: 988 38 81 00

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Oficina de Atención ao Cidadán Praza Maior nº 1, Baixo. cp 32005 988 392 909 de 9.00h a 14.00h
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Oficina de Atención ao Cidadán Praza Maior nº 1, Baixo. cp 32005 988 392 909
    Oficina Horario
    Oficina de Atención ao Cidadán de 9.00h a 14.00h

    Normativa

    Tramitar

  • Descrición

    Vaos

    Concédense licenza de vao para facilitar o acceso de vehículos ao interior de inmobles esta suxeito á correspondente Licenza Municipal, nos casos que sexa necesario cruzar as beirarrúas ou outros bens de dominio de uso público.

    Tipos de Vaos

    1. VAO PERMANENTE é aquel que se concede polo Concello para o acceso dos vehículos aos inmobles durante as 24 horas do día.
    2. VAO LABORAL é aquel que ten a súa efectividade en días e horas laborables, excluíndose por tanto os domingos e festivos. Esta ira acompañada de placa complementario de 30cm. por 15cm. de altura na que figuren as horas e días na cal é efectiva.
    3. VAO TEMPORAL é aquel que se outorga para acceso ás obras de edificios de nova construción, logo da licenza municipal para tal efecto.
    4. VAO PROVISIONAL é aquel que se concede por minusvalía, por roubo de placa, deterioración ou dificultade para a identificación da mesma por actos vandálicos.

    Expecificación de cada tipo de Vao

    1.- VAO PERMANENTE dentro deste inclúense:

    • Os garaxes para gardar vehículos en réxime familiar a capacidade do local será de 100 m2 libres en superficie.
    • Os garaxes para baixos ou sotos comunitarios. Incluíndose dentro destes apartado talleres de servizo permanente urxente debidamente acreditados e legalizados.
    • Edificios destinados a Organismos Oficiais de carácter sanitario ou similar, cando a natureza do servizo así o requira e despois de presentar a documentación correspondente.

    2.- VAO LABORAL dentro deste inclúense:

    • Talleres de reparación de vehículos: mecánicos, eléctricos, chapa e pintura
    • Almacén de empresas e similares, logo de licenza municipal de actividade
    • Concesionarios de automóbiles, incluídos os dedicados a exposición e venda coa correspondente licenza municipal de apertura.
    • Outras actividades de análogas características ás reflectidas neste apartado.

    3.- VAO TEMPORAL é aquel que se outorga para acceso ás obras de edificios de nova construción, logo da licenza municipal para tal efecto. A duración axustásese á da obra, quedando o solicitante obrigado á devolución da placa sinalizadora.

    4.- VAO PROVISIONAL dentro deste inclúense:

    • Por minusvalía acreditada mediante certificado médico da Xunta de Galicia do 70% ou superior e que teña impedimento de mobilidade o usuario de transporte publico.
    • Nos casos nos que non cumprindo coa superficie esixida, demóstrese mediante certificado da Xunta de Galicia a dependencia de asistencia diaria a Residencia, Hospital, Clínica, etc., sendo necesario o uso por mobilidade.
    • En caso de roubo de placa identificativa (debidamente acreditada mediante denuncia), por deterioración ou dificultade de identificación por actos vandálicos.

    Rebaixes de Bordo

    Serán executados previa Licenza Municipal de acordo coa Normativa Vixente e reflectido no Plan Xeral de Ordenación urbana quedando o solicitante obrigado a dar conta do comezo das obras para realizar para o seu control e seguimento.

    Casos de Otorgamento de rebaixe de bordo

    a.- Garaxes Comunitarios (planta baixa e sotos)

    b.- Garderías públicas de vehículos.

    c.- Talleres de todas as especialidades

    d.- Nos casos nos que figure no proxecto presentado e aprobado pola Comisión correspondente.

    Como facelo

    Pódese presentar en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Documentación requirida

    Documentación requirida segundo tipos de vao

    VAO PERMANENTE en réxime familiar:

    • Plano do baixo coas dimensións do mesmo.
    • Fotocopia de licenza de ocupación do edificio ou ben facer constar na instancia quen foi o promotor da obra.
    • O Concello comprobara a licenza de ocupación do edificio se esta non se achega, conforme á lexislación vixente en cada momento.

    VAO PERMANENTE para garaxe comunitario ou talleres de servizo permanente urxente:

    • Plano do garaxe
    • Fotocopia NIF comunidade.
    • Facer constar na instancia quen foi o promotor ou contratista da obra, ou presentar a fotocopia de licenza de ocupación.
    • O Concello comprobara a licenza de ocupación do edificio, conforme á lexislación vixente en cada momento

    VAO PERMANENTE para Organismos Oficiais de carácter sanitario ou similares :

    • Plano do baixo coas dimensións do mesmo
    • Facer constar na instancia quen foi o promotor ou contratista da obra, ou presentar a fotocopia de licenza de ocupación.
    • O Concello comprobará a licenza de ocupación do edificio, conforme á lexislación vixente en cada momento.
    • Concello comprobará a licenza de apertura da actividade.

    VAO LABORAL con placa complementaria de horas e días laborables.

    • Plano do baixo coas dimensións do mesmo
    • Facer constar na instancia quen foi o promotor ou contratista da obra ou presentar fotocopia de licenza de ocupación.
    • Fotocopia NIF da empresa.
    • O Concello comprobará a licenza de ocupación do edificio, conforme á lexislación vixente en cada momento.
    • Concello comprobará a licenza de apertura da actividade.

    VAO TEMPORAL O Concello comprobará a licenza municipal concedida para acceso ás obras de edificio de nova construción.

    VAO PROVISIONAL

    • Por minusvalía
      • Fotocopia do certificado médico da Xunta de Galicia onde se acredite que o solicitante ten unha minusvalía do 70% ou superior e que teña impedimento de mobilidade o usuario de transporte publico,
      • Plano do baixo coas dimensións do mesmo
      • Facer constar na instancia quen foi o promotor ou contratista da obra ou presentar licenza de ocupación.
    • Por roubo
      • Fotocopia da denuncia presentada polo roubo da placa de vao (Policía Nacional ou Policía Local).

    Documentación requirida para concesión de rebaixe de bordo e que sexan titulares de licenzas municipais de entradas de carruaxes

    Solicitude mediante instancia, en caso de sinal de vao concedida facer constar o número da mesma.

    Información de interese

    Devolución fianza por vao ou rebaixe de Bordo: Solicitarase mediante instancia, na mesma farase constar o número de licenza de vao concedida.

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Dependencias da Policía Local de Ourense Rúa Vitoria Kent, nº 1 32001 Ourense Policía Local: 988 388 138 // Telefono Directo: 988 511 617 Horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Dependencias da Policía Local de Ourense Rúa Vitoria Kent, nº 1 32001 Ourense Policía Local: 988 388 138 // Telefono Directo: 988 511 617
    Oficina Horario
    Dependencias da Policía Local de Ourense Horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

    Normativa

    • Lei 7 02/04/2007, reguladora das bases de réxime local. Publicada no BOE o 3 de Abril de 1985

    Normativa Municipal

  • Descrición

    Obtención de volantes e certificados de Padrón (individual e colectivo).

    Como facelo

    Electrónicamente

    Deberá identificarse na Sede electrónica municipal. Realizada a identificación, poderá acceder aos Volantes e certificados de Padrón

    Presencialmente

    Pode solicitar os volantes e certificados de Padrón en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina de Atención ao cidadán

    Praza Maior nº 1

    32001 Ourense

    Tfno: 988 392 909

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Page 3 of 3
Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.