Ayuntamiento de Orense

  • Descrición

    Prazos

    Poderase presentar a declaración final o último día do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior a cada trimestre natural.

    A presentación das autoliquidacións despois do prazo fixado levará a exixencia das recargas de extemporaneidade, segundo lo previsto no artigo 27 da Ley General Tributaria.

    Como facelo

    Establecese o réxime de autoliquidación para cada tipo de subministro, que terán periodicidade trimestral e comprenderá a totalidade dos ingresos brutos facturados no trimestre natural ao que se refira.

    Presentarase ao Concello unha autoliquidación para cada tipo de subministro efectuado no termo municipal, especificando o volume de ingresos percibidos por cada un dos grupos integrantes da base impoñible.


    Presentando o impreso de autoliquidación (modelo 910), xunto coa documentación que sexa necesaria documentación en:

    Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén se pode presentar nas formas previstar no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    As empresas que utilicen redes alleas deberán acreditar a cantidade satisfeita aos titulares das redes co fin de xustificar a minoración de ingresos a que se refire o artigo 6.2 de la Ordenanza fiscal reguladora da taxa. Este documento acompañarase da identificación da empresa ou entidade propietaria da rede utilizada (Anexo autoliquidación modelo 910).

    Expedirase un documento de ingreso para o interesado, que permitiralle satisfacer a cota nos lugares e prazos de pago que se indiquen. Dito documento será remitido ao enderezo indicado ao efecto, ou por correo electrónico.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Documentación requirida

    • Impreso de autoliquidación modelo 910.
    • NIF suxeito pasivo.
    • Documentación acreditativa da representación do suxeito pasivo.
    • No seu caso, Identificación da/s empresa/s subministradora/s de servizos que utilicen a rede da entidade que ten a condición de suxeito pasivo, e/ou identificación da/s empresa/s titular/es da/s rede/s allea/s utilizadas/s polo suxeito pasivo. Anexo autoliquidación modelo 910.
    • No seu caso, documentación acreditativa da cantidade satisfeita aos titulares da/s rede/s allea/s.

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114 de 9 h a 14 h.
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114
    Oficina Horario
    Servizo de Facenda de 9 h a 14 h.

    Normativa

    Normativa Municipal

  • Descrición

    Este trámite permite realizar o pagamento da taxa por licenzas de apertura.

    O obxecto da taxa é a actividade administrativa tendente a verificar e comprobar se as actividades e instalacións que se desenvolvan ou realicen no termo municipal reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calquera outras esixidas polas Ordenanzas municipais e a lexislación urbanística e sectorial de aplicación.

    Tarifa

    Cota fixa de 250 euros

    Instrucións para cubrir a autoliquidación

    1. Suxeito pasivo: Deberá constar o nome completo e o domicilio fiscal do solicitante
    2. Representante: Os datos do representante indicaranse nos casos nos que se presente a autoliquidación por persoa distinta do suxeito pasivo.
    3. Datos da actividade: No despregable do apartado ''taxa'' seleccionarase a única opción que se mostra ''Licenza de apertura - Cota fixa comunicación previa'''.
      No campo ''descrición da actividade'', farase constar unha breve descrición desta.
    4. Identificación do inmoble no que se desenvolverá a actividade: Identificarase o inmoble mediante a súa referencia catastral, que está composta de 20 carácteres alfanuméricos, dos cales os 7 primeiros identifican o terreo ou parcela, os 7 seguintes indican a folla de plano catastral onde se sitúa, os 4 seguintes identifican o inmoble dentro do terreo e os 2 últimos son carácteres de control.
      A referencia catastral deberá introducirse deixando un espazo en branco entre os cada grupo de carácteres e entre os dous díxitos de control conforme ao seguinte exemplo:
      1234567 1234567 1234 1 2
    5. Calculo da autoliquidación: Unha vez introducidos os datos anteriores no formulario da autoliquidación se procederá o calculo do importe a pagar e tramitarase o pagamento.

    Como facelo

    Para proceder á autoliquidación do imposto deberá pulsar o botón "TRAMITAR" que atopará nesta páxina.

    Unha vez cubra o formulario da autoliquidación, ten as seguintes opcións de pago:

    • PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN A TRAVÉS DA PASARELA DE PAGO. Debe cumprir os seguintes requisitos para poder proceder ao pago a través da pasarela:
      • Dispoñer do DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados da FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma,... )
      • Que o propietario do certificado sexa titular ou cotitular dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñen habilitado este medio de pago (ABANCA, CaixaBank, Banco Santander, EspañaDuero, BBVA, Banco Pastor e Banco Popular)

      Nota: non é necesario que o certificado electrónico utilizado pertenza a ningún dos suxeitos implicados na autoliquidación; o único necesario tal e como xa indicamos é que o propietario do certificado utilizado sexa titular ou cotitular da conta bancaria empregada para facer o pago.

    • PAGO NAS OFICINAS DAS ENTIDADES BANCARIAS:
    • Co impreso da autoliquidación poderá efectuar o pagamento en efectivo en calquera oficina das seguintes entidades financeiras autorizadas: ABANCA, Caixabank, Banco Santander, EspañaDuero, Banco Pastor, Banco Caixa Geral, BBVA, Banco Sabadell e Banco Popular.

    Documentación requirida

    Unha vez aboada a autoliquidación deberá presentar o exemplar para a Administración na Oficina Municipal correspondente.

    Normativa

    Tramitar

  • Descrición

    Este trámite permite realizar o pagamento da taxa por licenzas de apertura.

    O obxecto da taxa é a actividade administrativa tendente a verificar e comprobar se as actividades e instalacións que se desenvolvan ou realicen no termo municipal reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calquera outras esixidas polas Ordenanzas municipais e a lexislación urbanística e sectorial de aplicación.

    Tarifa

    Satisfarase unha cota resultante de aplicar o tipo impositivo do 1% sobre a base impoñible, cunha cota mínima de 450 euros.

    Para a determinación da base impoñible aplicaranse as seguintes normas:

    1. A base impoñible da taxa estará constituída polo valor catastral do establecemento no momento de presentación da oportuna solicitude de licenza, salvo no suposto de instalacións de Estacións Base de Telefonía Móbil que estará constituída polo presuposto de execución das obras.
    2. En caso de que sexa precisa a realización de obras ou que o valor catastral do inmoble non teña en conta modificacións ou alteracións producidas neste, practicarase liquidación definitiva no momento en que se asignen os novos valores catastrais ao inmoble, debendo o obrigado ao pagamento acreditar a presentación da correspondente declaración catastral.
    3. Se o inmoble en que se vai desenvolver a actividade non ten asignado valor catastral, a base impoñible estará constituída pola metade do valor de adquisición ou, de ser o caso, polo presuposto de execución material de construción do establecemento. Unha vez asignado o valor catastral ao inmoble practicarase liquidación definitiva nos termos previstos no número anterior.
    4. Cando nun mesmo local coexistan espazos reservados a vivenda e a establecemento suxeito á taxa, a base impoñible será á que proporcionalmente á súa superficie se lle impute do valor catastral total do inmoble.
    5. Cando se trate da ampliación dun establecemento, a base impoñible será o valor catastral que corresponda á superficie en que se ampliou o local.
    6. A cota tributaria esixirase por unidade de local.

    Instrucións para cubrir a autoliquidación

    1. Suxeito pasivo: Deberá constar o nome completo e o domicilio fiscal do solicitante
    2. Representante: Os datos do representante indicaranse nos casos nos que se presente a autoliquidación por persoa distinta do suxeito pasivo.
    3. Datos da actividade: No despregable do apartado ''taxa'' seleccionarase a única opción que se mostra ''Licenza de apertura''.
      No campo ''descrición da actividade'', farase constar unha breve descrición desta.
    4. Identificación do inmoble no que se desenvolverá a actividade: Identificarase o inmoble mediante a súa referencia catastral, que está composta de 20 carácteres alfanuméricos, dos cales os 7 primeiros identifican o terreo ou parcela, os 7 seguintes indican a folla de plano catastral onde se sitúa, os 4 seguintes identifican o inmoble dentro do terreo e os 2 últimos son carácteres de control.
      A referencia catastral deberá introducirse deixando un espazo en branco entre os cada grupo de carácteres e entre os dous díxitos de control conforme ao seguinte exemplo:
      1234567 1234567 1234 1 2
    5. Calculo da autoliquidación: Unha vez introducidos os datos anteriores no formulario da autoliquidación se procederá o calculo do importe a pagar e tramitarase o pagamento.

    Como facelo

    Para proceder á autoliquidación do imposto deberá pulsar o botón "TRAMITAR" que atopará nesta páxina.

    Unha vez cubra o formulario da autoliquidación, ten as seguintes opcións de pago:

    • PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN A TRAVÉS DA PASARELA DE PAGO. Debe cumprir os seguintes requisitos para poder proceder ao pago a través da pasarela:
      • Dispoñer do DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados da FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma,... )
      • Que o propietario do certificado sexa titular ou cotitular dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñen habilitado este medio de pago (ABANCA, CaixaBank, Banco Santander, EspañaDuero, BBVA, Banco Pastor e Banco Popular)

      Nota: non é necesario que o certificado electrónico utilizado pertenza a ningún dos suxeitos implicados na autoliquidación; o único necesario tal e como xa indicamos é que o propietario do certificado utilizado sexa titular ou cotitular da conta bancaria empregada para facer o pago.

    • PAGO NAS OFICINAS DAS ENTIDADES BANCARIAS:
    • Co impreso da autoliquidación poderá efectuar o pagamento en efectivo en calquera oficina das seguintes entidades financeiras autorizadas: ABANCA, Caixabank, Banco Santander, EspañaDuero, Banco Pastor, Banco Caixa Geral, BBVA, Banco Sabadell e Banco Popular.

    Documentación requirida

    Unha vez aboada a autoliquidación deberá presentar o exemplar para a Administración na Oficina Municipal correspondente.

    Normativa

    Tramitar

  • Descrición

    Este trámite permite realizar o pagamento da taxa por licenzas de obras ou instalacións.

    O obxecto da taxa é a actividade administrativa tendente a verificar e comprobar se procede a concesión das licenzas solicitadas ou a realización das actividades administrativas de control nos supostos nos que a esixencia de licenza fora sustituida pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa.

    Tarifa

    O 1,22 % do orzamento a obra ou instalación.

    Instrucións para cubrir a autoliquidación

    1. Suxeito pasivo: Deberá constar o nome completo e o domicilio fiscal do obriado ao pagamento do tributo.
    2. Representante: Os datos do representante indicaranse nos casos nos que se presente a autoliquidación por persoa distinta do suxeito pasivo.
    3. Descrición da obra ou instalación: Breve descrición desta.
    4. Identificación do inmoble no que se realizará a obra ou instalación: Identificarase o inmoble mediante a súa referencia catastral, que está composta de 20 carácteres alfanuméricos, dos cales os 7 primeiros identifican o terreo ou parcela, os 7 seguintes indican a folla de plano catastral onde se sitúa, os 4 seguintes identifican o inmoble dentro do terreo e os 2 últimos son carácteres de control.
      A referencia catastral deberá introducirse deixando un espazo en branco entre os cada grupo de carácteres e entre os dous díxitos de control conforme ao seguinte exemplo:
      1234567 1234567 1234 1 2
    5. Calculo da autoliquidación: Unha vez introducidos os datos anteriores no formulario da autoliquidación se procederá o calculo do importe a pagar e tramitarase o pagamento.

    Como facelo

    Para proceder á autoliquidación do imposto deberá pulsar o botón "TRAMITAR" que atopará nesta páxina.

    Unha vez cubra o formulario da autoliquidación, ten as seguintes opcións de pago:

    • PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN A TRAVÉS DA PASARELA DE PAGO. Debe cumprir os seguintes requisitos para poder proceder ao pago a través da pasarela:
      • Dispoñer do DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados da FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma,... )
      • Que o propietario do certificado sexa titular ou cotitular dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñen habilitado este medio de pago (ABANCA, CaixaBank, Banco Santander, EspañaDuero, BBVA, Banco Pastor e Banco Popular)

      Nota: non é necesario que o certificado electrónico utilizado pertenza a ningún dos suxeitos implicados na autoliquidación; o único necesario tal e como xa indicamos é que o propietario do certificado utilizado sexa titular ou cotitular da conta bancaria empregada para facer o pago.

    • PAGO NAS OFICINAS DAS ENTIDADES BANCARIAS:
    • Co impreso da autoliquidación poderá efectuar o pagamento en efectivo en calquera oficina das seguintes entidades financeiras autorizadas: ABANCA, Caixabank, Banco Santander, EspañaDuero, Banco Pastor, Banco Caixa Geral, BBVA, Banco Sabadell e Banco Popular.

    Documentación requirida

    Unha vez aboada a autoliquidación deberá presentar o exemplar para a Administración na Oficina Municipal correspondente.

    Normativa

    Tramitar

  • Descrición

    Este trámite permite realizar o pagamento da taxa por reserva temporal de espazos en calzada.

    Como facelo

    Para proceder á autoliquidación do imposto deberá pulsar o botón "TRAMITAR" que atopará nesta páxina.

    Unha vez cubra o formulario da autoliquidación, ten as seguintes opcións de pago:

    Nota: non é necesario que o certificado electrónico utilizado pertenza a ningún dos suxeitos implicados na autoliquidación; o único necesario tal e como xa indicamos é que o propietario do certificado utilizado sexa titular ou cotitular da conta bancaria empregada para facer o pago.

    Co impreso da autoliquidación poderá efectuar o pagamento en efectivo en calquera oficina das seguintes entidades financeiras autorizadas: ABANCA, Caixabank, Banco Santander, EspañaDuero, Banco Pastor, Banco Caixa Geral, BBVA, Banco Sabadell y Banco Popular.

    • PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN A TRAVÉS DA PASARELA DE PAGO. Debe cumprir os seguintes requisitos para poder proceder ao pago a través da pasarela:
      • Dispoñer do DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados da FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma,... )
      • Que o propietario do certificado sexa titular ou cotitular dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñen habilitado este medio de pago (ABANCA, CaixaBank, Banco Santander, EspañaDuero, BBVA, Banco Pastor e Banco Popular)
    • PAGO NAS OFICINAS DAS ENTIDADES BANCARIAS:

    Documentación requirida

    Unha vez aboada a autoliquidación deberá presentar o exemplar para a Administración na Oficina Municipal correspondente.

    Tramitar

  • Como facelo

    Logo de ter confirmado con departamento de Protocolo a dispoñibilidade de datas, debe presentarse o modelo de solicitude. Dito modelo de solicitude pódese presentar en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Cunha antelación mínima de 5 días debe presentarse o resto de documentación no departamento de Protocolo Municipal.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Documentación requirida

    Antes de calquera tramitación os interesados en celebrar un matrimonio civil no Concello, deberá poñerse en contacto con Protocolo municipal chamando ao teléfono 988 388 198, para informarse dispoñibilidade do Salón de Plenos para a realización da cerimonia.

    Documentación:

    • Instancia de Reserva da data no Concello-No caso de coincidencia en dos instancias para a mesma data e hora terá prioridade a que figure coa data máis antigo no Rexistro Xeral do Concello

    A documentación que aparece a continuación terá que ser entregada na Secretaría da Alcaldía como mínimo 5 días antes da ceremonia.

    • Documento emitido polo rexistro civil, terá que ser solicitada no propio Rexistro civil
    • Fotocopia DNI testemuñas, perfectamente lexible
    • Xustificante do pagamento de taxa. Non se admitirá as solicitudes que non acrediten dito pago.

    Información de interese

    As taxas que deberá aboarse son as que figuran na ordenaza fiscal nº6 vixente.

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Protocolo Casa do Concello- Praza Maior nº 1, 1º 988 388 177 de 9 h a 14 h.
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Protocolo Casa do Concello- Praza Maior nº 1, 1º 988 388 177
    Oficina Horario
    Protocolo de 9 h a 14 h.

    Normativa

  • Descrición

    Vaos

    Concédense licenza de vao para facilitar o acceso de vehículos ao interior de inmobles esta suxeito á correspondente Licenza Municipal, nos casos que sexa necesario cruzar as beirarrúas ou outros bens de dominio de uso público.

    Tipos de Vaos

    1. VAO PERMANENTE é aquel que se concede polo Concello para o acceso dos vehículos aos inmobles durante as 24 horas do día.
    2. VAO LABORAL é aquel que ten a súa efectividade en días e horas laborables, excluíndose por tanto os domingos e festivos. Esta ira acompañada de placa complementario de 30cm. por 15cm. de altura na que figuren as horas e días na cal é efectiva.
    3. VAO TEMPORAL é aquel que se outorga para acceso ás obras de edificios de nova construción, logo da licenza municipal para tal efecto.
    4. VAO PROVISIONAL é aquel que se concede por minusvalía, por roubo de placa, deterioración ou dificultade para a identificación da mesma por actos vandálicos.

    Expecificación de cada tipo de Vao

    1.- VAO PERMANENTE dentro deste inclúense:

    • Os garaxes para gardar vehículos en réxime familiar a capacidade do local será de 100 m2 libres en superficie.
    • Os garaxes para baixos ou sotos comunitarios. Incluíndose dentro destes apartado talleres de servizo permanente urxente debidamente acreditados e legalizados.
    • Edificios destinados a Organismos Oficiais de carácter sanitario ou similar, cando a natureza do servizo así o requira e despois de presentar a documentación correspondente.

    2.- VAO LABORAL dentro deste inclúense:

    • Talleres de reparación de vehículos: mecánicos, eléctricos, chapa e pintura
    • Almacén de empresas e similares, logo de licenza municipal de actividade
    • Concesionarios de automóbiles, incluídos os dedicados a exposición e venda coa correspondente licenza municipal de apertura.
    • Outras actividades de análogas características ás reflectidas neste apartado.

    3.- VAO TEMPORAL é aquel que se outorga para acceso ás obras de edificios de nova construción, logo da licenza municipal para tal efecto. A duración axustásese á da obra, quedando o solicitante obrigado á devolución da placa sinalizadora.

    4.- VAO PROVISIONAL dentro deste inclúense:

    • Por minusvalía acreditada mediante certificado médico da Xunta de Galicia do 70% ou superior e que teña impedimento de mobilidade o usuario de transporte publico.
    • Nos casos nos que non cumprindo coa superficie esixida, demóstrese mediante certificado da Xunta de Galicia a dependencia de asistencia diaria a Residencia, Hospital, Clínica, etc., sendo necesario o uso por mobilidade.
    • En caso de roubo de placa identificativa (debidamente acreditada mediante denuncia), por deterioración ou dificultade de identificación por actos vandálicos.

    Rebaixes de Bordo

    Serán executados previa Licenza Municipal de acordo coa Normativa Vixente e reflectido no Plan Xeral de Ordenación urbana quedando o solicitante obrigado a dar conta do comezo das obras para realizar para o seu control e seguimento.

    Casos de Otorgamento de rebaixe de bordo

    a.- Garaxes Comunitarios (planta baixa e sotos)

    b.- Garderías públicas de vehículos.

    c.- Talleres de todas as especialidades

    d.- Nos casos nos que figure no proxecto presentado e aprobado pola Comisión correspondente.

    Como facelo

    Pódese presentar en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Documentación requirida

    Documentación requirida segundo tipos de vao

    VAO PERMANENTE en réxime familiar:

    • Plano do baixo coas dimensións do mesmo.
    • Fotocopia de licenza de ocupación do edificio ou ben facer constar na instancia quen foi o promotor da obra.
    • O Concello comprobara a licenza de ocupación do edificio se esta non se achega, conforme á lexislación vixente en cada momento.

    VAO PERMANENTE para garaxe comunitario ou talleres de servizo permanente urxente:

    • Plano do garaxe
    • Fotocopia NIF comunidade.
    • Facer constar na instancia quen foi o promotor ou contratista da obra, ou presentar a fotocopia de licenza de ocupación.
    • O Concello comprobara a licenza de ocupación do edificio, conforme á lexislación vixente en cada momento

    VAO PERMANENTE para Organismos Oficiais de carácter sanitario ou similares :

    • Plano do baixo coas dimensións do mesmo
    • Facer constar na instancia quen foi o promotor ou contratista da obra, ou presentar a fotocopia de licenza de ocupación.
    • O Concello comprobará a licenza de ocupación do edificio, conforme á lexislación vixente en cada momento.
    • Concello comprobará a licenza de apertura da actividade.

    VAO LABORAL con placa complementaria de horas e días laborables.

    • Plano do baixo coas dimensións do mesmo
    • Facer constar na instancia quen foi o promotor ou contratista da obra ou presentar fotocopia de licenza de ocupación.
    • Fotocopia NIF da empresa.
    • O Concello comprobará a licenza de ocupación do edificio, conforme á lexislación vixente en cada momento.
    • Concello comprobará a licenza de apertura da actividade.

    VAO TEMPORAL O Concello comprobará a licenza municipal concedida para acceso ás obras de edificio de nova construción.


    VAO PROVISIONAL

    • Por minusvalía
      • Fotocopia do certificado médico da Xunta de Galicia onde se acredite que o solicitante ten unha minusvalía do 70% ou superior e que teña impedimento de mobilidade o usuario de transporte publico,
      • Plano do baixo coas dimensións do mesmo
      • Facer constar na instancia quen foi o promotor ou contratista da obra ou presentar licenza de ocupación.
    • Por roubo
      • Fotocopia da denuncia presentada polo roubo da placa de vao (Policía Nacional ou Policía Local).

    Documentación requirida para concesión de rebaixe de bordo e que sexan titulares de licenzas municipais de entradas de carruaxes

    Solicitude mediante instancia, en caso de sinal de vao concedida facer constar o número da mesma.

    Información de interese

    Devolución fianza por vao ou rebaixe de Bordo: Solicitarase mediante instancia, na mesma farase constar o número de licenza de vao concedida.

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Dependencias da Policía Local de Ourense Rúa Vitoria Kent, nº 1 32001 Ourense Policía Local: 988 388 138 // Telefono Directo: 988 511 617 Horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Dependencias da Policía Local de Ourense Rúa Vitoria Kent, nº 1 32001 Ourense Policía Local: 988 388 138 // Telefono Directo: 988 511 617
    Oficina Horario
    Dependencias da Policía Local de Ourense Horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

    Normativa

    • Lei 7 02/04/2007, reguladora das bases de réxime local. Publicada no BOE o 3 de Abril de 1985

    Normativa Municipal

  • Descrición

    Obtención de volantes e certificados de Padrón (individual e colectivo).

    Como facelo

    Electrónicamente

    Deberá identificarse na Sede electrónica municipal. Realizada a identificación, poderá acceder aos Volantes e certificados de Padrón

    Presencialmente

    Pode solicitar os volantes e certificados de Padrón en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina de Atención ao cidadán

    Praza Maior nº 1

    32001 Ourense

    Tfno: 988 392 909

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.


Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.