Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM). Bonificación vehículos eléctricos, híbridos ou que utilicen gas natural comprimido ou metano, hidróxeno ou enerxía solar.
Descrición
Estarán exentos do imposto os vehículos para persoas de mobilidade reducida a que se refire o apartado A do anexo II do Regulamento Xeral de Vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro, previa solicitude do titular
Tramitación
- Solicitude do interesado coa documentación esixida.
- Comprobación e requerimiento, se procede, da documentación.
- Informe-proposta do servizo de Facenda.
- Notificación da proposta de resolución no caso de que sexa desestimatoria.
- Resolución do Concelleiro delegado de Facenda.
Dirixido a
Titulares de vehículos eléctricos ou híbridos (motor eléctrico-gasolina, eléctrico-gasóleo ou eléctrico-gas) ou que utilicen gas natural comprimido ou metano, hidróxeno ou enerxía solar.
Como facelo
A solicitude de bonificación e resto de documentación pódese presentar en:
- Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
- Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.Modelos de solicitude dispoñibles
- Modelo 806- Solicitude beneficios fiscais IVTM vehículos ecolóxicos
- Modelo de representación nos procedementos iniciados a instacia de parte en materia tributaria
Documentación requirida
- Documentación acreditativa da representación
- Fotocopia do Permiso de Circulación do vehículo.
- Fotocopia da Tarxeta de Inspección Técnica do Vehículo.
Información de interese
O prazo de duración do beneficio é o de os catro anos seguintes ao da súa primeira matriculación.
Oficinas tramitadoras
Oficina | Enderezo | Teléfonos | Horario |
---|---|---|---|
Servizo de Facenda | Rúa da imprenta nº 2, 2º | 988 388 114 | de 9 h a 14 h. |
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Servizo de Facenda | Rúa da imprenta nº 2, 2º | 988 388 114 |
Oficina | Horario | |
Servizo de Facenda | de 9 h a 14 h. |
Normativa
- Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria
- Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo).
- Regulamento Xeral das actuacións e procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos (RD 1065/2007, de 27 de xullo)