Imposto sobre Bens Inmobles (IBIU). Bonificación empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria

Actualizado el 12 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Descrición

Terán dereito a unha bonificación do 90 por 100 na cota íntegra do impuesto, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a ésta, e non figuren entre os bens do seu inmobilizado.

Tramitación:

  1. Solicitude do interesado coa documentación esixida.
  2. Comprobación e requerimiento, se procede, da documentación.
  3. Informe-proposta do servizo de facenda.
  4. Notificación da proposta de resolución no caso de que sexa desestimatoria.
  5. Resolución do Concelleiro delegado de Facenda.

Prazo de presentación

Antes do inicio das obras de urbanización ou construcción.

Dirixido a

Empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria

Como facelo

A solicitude de bonificación e resto de documentación pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral

Praza Maior nº 1

32005 Ourense

Tfno: 988 388 100

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

  • Oficina Municipal da Ponte

Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

32001 Ourense

Tfno: 988 511 442

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Modelos de solicitude dispoñibles

Documentación requirida

  • Documentación acreditativa da representación
  • Fotocopia do/s recibo/s do Imposto sobre Bens Inmobles
  • Fotocopia do NIF da empresa e do representante.
  • Fotocopia do documento que acredite a representación en virtude da cal se actúa
  • Fotocopia dos Estatutos da empresa.
  • Certificado do administrador da empresa ou ben ou fotocopia do último balance presentado ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria a efectos do imposto sobre sociedades que acredite que o/os inmoble/s obxecto da bonificación non forma/n parte do inmovilizado da empresa.
  • Fotocopia da licenza ou autorización administrativa das obras de construcción, urbanización ou rehabilitación outorgada polo Concello ou do documento que acredite a a súa solicitude.
  • Fotocopia dos planos de situación e de emprazamento da nova construcción, urbanización ou rehabilitación.
  • Fotocopia da escritura de propiedade, ou se é o caso, da escritura de obra nova. (No caso de obras de urbanización, deberá aportarse a escritura de protocolización del proyecto que se realizará)
  • Certificado do director da obra acreditativo de que as obras de construcción, urbanización ou rehabilitación non se iniciaron.

Información de interese

O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá desde o período impositivo seguinte a aquel no que se inicien as obras ata o posterior a súa terminación, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construción efectiva, e sen que, en ningún caso, poida exceder de tres períodos impositivos.

Polo tanto, a concesión do beneficio fiscal condiciónase á aportación por parte do solicitante da documentación acreditativa do comezo das obras no/s ben/s inmoble/s obxecto da aplicación do beneficio fiscal (certificado do director da obra, acta de replanteo,...)

Oficinas tramitadoras

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114 de 9 h a 14 h.
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114
Oficina Horario
Servizo de Facenda de 9 h a 14 h.

Normativa

Normativa Municipal

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.