Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) - Taxa pola Subministración de Auga. Bonificación familia numerosa

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Descrición

Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)

Gozarán da seguinte bonificación sobre a cota íntegra do imposto os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa, en función da súa categoría, respecto do/dos inmobles que constitúan a súa vivenda habitual:

  • 50 por 100 da cota íntegra do imposto, cun límite de 450 euros, para os titulares de familia numerosa na categoría xeral.
  • 60 por 100 da cota íntegra do imposto, cun límite de 575 euros, para os titulares de familia numerosa na categoría xeral, no caso de que algún dos integrantes da unidade familiar sexa discapacitado.
  • 80 por 100 da cota íntegra do imposto, cun límite de 750 euros, para os titulares de familia numerosa na categoría especial.
  • 90 por 100 da cota íntegra do imposto, cun límite de 900 euros, para os titulares de familia numerosa na categoría especial, no caso de que algún dos integrantes da unidade familiar sexa discapacitado.

Taxa pola subministración de auga

Aplicarase a tarifa reducida da taxa (equivalente á establecida para o primeiro tramo de consumo) ao suministro do inmoble que sexa domicilio de empadronamento do titular/es de familia numerosa

Tramitación:

  1. Solicitude do interesado coa documentación esixida.
  2. Comprobación e requirimiento, se procede, da documentación.
  3. Informe-proposta do servizo de Facenda.
  4. Notificación da proposta de resolución no caso de que sexa desestimatoria.
  5. Resolución do concelleiro delegado de Facenda.

Dirixido a

Titulares de familia numerosa

Como facelo

A solicitude de bonificación e resto de documentación pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral

Praza Maior nº 1

32005 Ourense

Tfno: 988 388 100

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

  • Oficina Municipal da Ponte

Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

32001 Ourense

Tfno: 988 511 442

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Modelos de solicitude dispoñibles

Documentación requirida

  • Con carácter xeral
    • Documentación acreditativa da representación, no seu caso
    • Copia compulsada do título de familia numerosa.
    • Fotocopia do/s recibo/s do Imposto sobre Bens Inmobles do/s inmobles para os que se solicite a bonificación ou se realice a subministración de auga
  • Para o Imposto sobre Bens Inmobles (IBIU):
    • Documentación acreditativa de que o ben inmoble é a vivenda habitual do solicitante
  • Para a taxa pola subministración de auga:
    • Fotocopia dun recibo por subministración de auga correspondente ao inmoble obxecto do beneficio fiscal.
    • Contrato de aluguer da vivenda, no seu caso.

Información de interese

Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)

Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)

O otorgamento do beneficio fiscal terá efectos desde el exercicio en que se concedera, sempre que se cumpran os requisitos exixidos na data de devengo do imposto.

A bonificación otorgarase ata a data siñalada como de caducidade no título de familia numerosa.

Taxa pola subministración de auga

A aplicación desta tarifa reducida producirase no período de facturación seguinte a aquel en que se conceda.

A aplicación da tarifa reducida otorgarase ata a data siñalada como de caducidade do título de familia numerosa ou, no seu caso, de finalización do aluguer do inmoble.

No caso de alugueres de vivendas a titulares de familias numerosas, poderá aplicarse esta bonificación sempre que se den os siguientes requisitos:

  • Que no contrato de aluguer conste expresamente a repercusión da taxa pola subministración de agua ao arrendatario.
  • Que nos dous últimos meses de cada ano, os titulares de familias numerosas comuniquen ao Concello o mantemento dos alugueres durante o ano seguinte, en caso contrario, non se aplicará a bonificación.

Oficinas tramitadoras

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114 de 9 h a 14 h.
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114
Oficina Horario
Servizo de Facenda de 9 h a 14 h.

Normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.