Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). Bonificación vivendas de protección oficial ou as que resulten equiparables a éstas segundo a normativa da Comunidade Autónoma de Galicia.
Descrición
Terán dereito a unha bonificación do 50 por 100 na cota íntegra do Impuesto, durante os tres períodos impositivos seguintes ao do outorgamento da calificación definitiva, as vivendas de protección oficial e as que resulten equiparables a éstas conforme a normativa da Comunidad Autónoma de Galicia.
Tramitación:
- Solicitude do interesado coa documentación esixida.
- Comprobación e requerimiento, se procede, da documentación.
- Informe-proposta do servizo de Facenda.
- Notificación da proposta de resolución no caso de que sexa desestimatoria.
- Resolución do Concelleiro delegado de Facenda.
Dirixido a
Titulares de vivendas de protección oficial e as que resulten equiparables a éstas conforme a normativa da Comunidade Autónoma de Galicia.
Como facelo
A solicitude de bonificación e resto de documentación pódese presentar en:
- Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
- Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro..
Modelos de solicitude dispoñibles
- Modelo 805- Solicitude beneficios fiscais IBI VPO
- Modelo de representación nos procedementos iniciados a instacia de parte en materia tributaria
Documentación requirida
- Documentación acreditativa da representación
- Cédula de cualificación definitiva de vivenda de protección oficial expedida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
- Fotocopia do título de propiedade do inmoble.
- Fotocopia do recibo do Imposto sobre Bens Inmobles
Información de interese
Dita bonificación concederase a petición do interesado, a cal poderá efectuarse en calquera momento anterior á terminación dos tres períodos impositivos de duración de aquela e surtirá efectos, no seu caso, desde o período impositivo seguinte a aquel en que se solicite.
Oficinas tramitadoras
Oficina | Enderezo | Teléfonos | Horario |
---|---|---|---|
Servizo de Facenda | Rúa da imprenta nº 2, 2º | 988 388 114 | de 9 h a 14 h. |
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Servizo de Facenda | Rúa da imprenta nº 2, 2º | 988 388 114 |
Oficina | Horario | |
Servizo de Facenda | de 9 h a 14 h. |
Normativa
- Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria
- Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo).
- Regulamento Xeral das actuacións e procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos (RD 1065/2007, de 27 de xullo)