Declaración de Enderezo Fiscal

Actualizado el 12 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Descrición

O enderezo fiscal é o lugar de localización do obrigado tributario nas súas relación coa Administración tributaria. A dito enderezo se dirixirán as comunicacións e notificacións de carácter tributario.

Para as persoas físicas é o lugar onde teña a súa residencia habitual, que normalmente haberá de coincidir con que conste no padrón de habitantes correspondente.

Para as persoas xurídicas é o seu enderezo social, sempre que en el se atope efectivamente centralizada a súa xestión administrativa.

Como facelo

Tramitar por internet

Para poder realizar este trámite utilizando a modalidade ONLINE, vostede debe dispor de acceso ao servizo de Carpeta Cidadá. Se vostede ten acceso ao servizo de Carpeta Cidadá deberá pulsar sobre o enlace 'TRAMITAR'' que atopará na parte superior e inferior desta páxina, seguidamente aparecerá un formulario no que terá que informar dos datos necesarios para o cambio do enderezo fiscal. No Concello revisarán a súa solicitude e poñeranse en contacto con vostede a través de correo electrónico para indicarlle se a súa solicitude foi aceptada ou rexeitada.

Tramitación presencialmente

Solitude presencial no Servizo de Recadación do Concello

Tramitación por correo convencional

Enviando o impreso xeral de Declaración Alta/Cambio de enderezo fiscal debidamente cumprimentado ao seguinte enderezo: CONCELLO DE OURENSE. Praza Maior, nº 1. 32005 Ourense

Modelos de solicitude dispoñibles

Documentación requirida

No caso de tramitación presencial ou por correo convencional é necesaria a seguinte documentación:

  • O impreso xeral de Declaración Alta/Cambio de enderezo fiscal debidamente cumprimentado.
  • No caso de persoas xurídicas haberá de xuntarse copia da tarxeta de identificación fiscal ou escritura pública correspondente.

Información de interese

Prazos

A declaración de alta ou modificación de enderezo fiscal terá efectos inmediatos, unha vez realizadas as oportunas comprobacións na base de datos tributaria municipal, procedéndose, a partir dese momento, a remitirse a ese enderezo todas as comunicaciós e notificacións de carácter tributario.

Validez

O enderezo que conste na declaración de alta ou midificación do domicilio fiscal terá validez por tempo indefinido, en tanto non sexa modificada polo interesado ou rectificada pola Administración municipal en relación cos tributos que lle competen..

Oficinas tramitadoras

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de Recadación Rúa Imprenta nº 2 988 251 245/988 251 246 Atención ao cidadán de luns a venres (salvo festivos), en horario de 9 a 13 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de Recadación Rúa Imprenta nº 2 988 251 245/988 251 246
Oficina Horario
Servizo de Recadación Atención ao cidadán de luns a venres (salvo festivos), en horario de 9 a 13 horas

Normativa

Normativa municipal

artigos 13 e 14 da

Tramitar
Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.