Comunicación do enderezo de correo electrónico co fin de recibir os avisos das notificacións electrónicas por comparecencia na Sede. Alta/baixa de notificación electrónica

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Descrición

A través deste procedemento tanto as persoas físicas como as xurídicas poderán comunicar un enderezo de correo electrónico para o envío dos avisos relativos ás notificacións das que sexan persoas destinatarias e que estarán dispoñibles por comparecencia na Sede Electrónica Municipal do Concello de Ourense. Deste modo, no momento en que o Concello de Ourense emita unha notificación, enviaráselle a persoa destinataria da notificación un aviso ao enderezo de correo electrónico sinalado co fin de por no seu coñecemento a existencia da notificación e as indicacións para acceder ao contido da mesma.

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas xurídicas e demais suxeitos establecidos no artigo 14.2 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiarse obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) están obrigados a relacionarse coa administración a través do medios electrónicos para realización de calquera trámite e a recibir as notificacións por esta canle.

Así mesmo, para o caso das persoas físicas, mediante este procedemento poden solicitar ao Concello de Ourense que as notificacións sucesivas se lle practiquen unicamente por medios electrónicos, para todos os procedementos nos que teña condición de interesado. No caso de que unha persoa física queira solicitar a notificación electrónica para algún tipo de procedemento en concreto, deberá facelo a través dunha solicitude de procedementos xerais, onde deberá indicar o procedemento ou tipos de procedementos para os que solicita a notificación por comparecencia en Sede. En todo caso as persoas físicas poderán cambiar en calquera momento a forma elixida para recibir as notificacións debendo comunicalo previamente mediante este mesmo procedemento.

Dirixido a

Persoas xurídicas e suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiarse obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) e persoas físicas que soliciten ser notificados electrónicamente polo Concello de Ourense con carácter xeral en todos procedementos nos que teña condición de interesados.

Como facelo

Electrónicamente

Para comunicar o enderezo de correo electrónico no que recibir os avisos sobre as notificaciones electrónicas por comparecencia na Sede Electrónica Municipal, deberá:

  • Cubrir o "Modelo para a comunicación do enderezo de correo electrónico para recibir avisos de notificacións por comparecencia na Sede. Alta/baixa de notificación electrónica.
  • Asinar electrónicamente o documento anterior. A Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentación, así que os documentos deben ser asinados electrónicamente no seu equipo. En caso de necesitar información sobre como asinar electrónicamente un documento, pode consultar o documento "Guía para realizar la firma electrónica de documentos PDF".
  • Identificarse na Sede, proceso que require uso de certificado dixital admitido, sendo requisito imprescindible que o certificado pertenza a persoa que realiza a solicitude.
  • Acceder ao "Rexistro electrónico" e tramitar unha solicitude do tipo "Comunicación do enderezo de correo electrónico co fin de recibir os avisos das notificacións electrónicas por comparecencia na Sede. Alta /baixa de notificación electrónica".
  • Engadir o "Modelo para a comunicación do enderezo de correo electrónico para recibir avisos de notificacións por comparecencia na Sede. Alta/baixa de notificación electrónica" cuberto e asinado electrónicamente.
  • Enviar a solicitude.

Feito o envío obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.

Nota: As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiarse obrigatoriamente, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento

Presencialmente

As persoas físicas tamén poderán presentar a comunicación de datos de maneira presencial:

Deben presentar o "Modelo para a comunicación do enderezo de correo electrónico para recibir avisos de notificacións por comparecencia na Sede. Alta/baixa de notificación electrónica." debidamente cuberto. Dito documento pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral

Praza Maior nº 1

32005 Ourense

Tfno: 988 388 100

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

  • Oficina Municipal da Ponte

Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

32001 Ourense

Tfno: 988 511 442

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.


Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Modelos de solicitude dispoñibles

Tramitar en liña
Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.