Baixa nas Escolas Municipais
Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administraciónDescrición
As causas de Baixa poden ser as seguintes:
- BAIXA VOLUNTARIA: En caso de baixa voluntaria o interesado/a deberá cumprimentar o formulario correspondente e entregalo nas dependencias da Área de Educación, Universidade e Xuventude, para anular así o procedemento de cobro do curso.
- BAIXA POR FALTAS DE ASISTENCIA: A acumulación de faltas de asistencia consecutivas sen xustificar, causarán a baixa do alumno/a no Centro.
- BAIXA POR FALTA DE PAGO: En caso de devolución dos recibos de pago, se notificará (por correo certificado) ó interesado, dándolle un prazo de 15 días ( a partires da data da notificación) para facer efectivo o ingreso correspondente no nº de conta de Caixa Nova oficina principal, 2080 0251 50 0041391111
O resgardo de pago se entregará nas dependencias da área de Educación, Universidade e Xuventude.
En caso contrario o alumno causará baixa no Centro.
Dirixido a
Os alumnos das Escolas Municipais
Como facelo
A solicitude pódese presentar en:
- Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
- Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.
Modelos de solicitude dispoñibles
Información de interese
Nota: Unha vez que o alumno deixa a escola, ten dez días para presentar o impreso de baixa.
Oficinas tramitadoras
Oficina | Enderezo | Teléfonos | Horario |
---|---|---|---|
Sede da área de Educación | Praza de San Martiño nº 2, 1º | 988 388 136 | de 9 h a 14 h |
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Sede da área de Educación | Praza de San Martiño nº 2, 1º | 988 388 136 |
Oficina | Horario | |
Sede da área de Educación | de 9 h a 14 h |