Autorización para a utilización do salón de actos da Casa Galega da Cultura

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

O salón de actos é un equipamento de servizo público, adscrito á Concellería de Cultura e Festas e xestionado polo Servizo de Cultura e Bibliotecas. Está destinado a promover o desenvolvemento integral da persoa, fomentar a convivencia e incrementar a participación da cidadanía na vida pública do concello, mediante a prestación de servizos públicos e o desenvolvemento de actividades.

En función da súa dispoñibilidade, o uso do salón de actos pode ser cedido para o desenvolvemento de actividades e servizos de carácter puntual e temporal de interese para a cidadanía.

A quen está dirixido

Persoas físicas ou xurídicas para a organización de actividades coincidentes cos obxectivos xerais do centro.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Presencialmente

Realizaranse a través do Rexistro Xeral do Concello, en impreso normalizado, cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto do inicio da actividade que se pretende organizar.
As solicitudes presentadas cunha antelación menor da indicada poderán ser desestimadas automaticamente e arquivadas.

Prazos

O concello contestaralle ao solicitante nun prazo máximo de 10 días.

Documentación requirida

Normativa Municipal


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.