Autorización para a Utilización do Auditorio da Casa do Concello
O auditorio é unha dependencia municipal que ten como finalidade o desenvolvemento de actividades socioculturais, educativas e institucionais promovidas polo Concello de Vigo. Nas datas que as instalacións estean dispoñibles, tamén poderán ser utilizadas por outras entidades públicas ou persoas, xurídicas ou físicas.
A quen está dirixido
Calquera persoa física ou xurídica e outras entidades públicas.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Presencialmente
As solicitudes realizaranse a través do Rexistro Xeral do Concello de Vigo, en impreso normalizado, cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto do inicio da actividade que se pretenda organizar. As solicitudes presentadas cunha antelación menor da indicada poderán ser desestimadas automaticamente. Os/as solicitantes achegarán copia da solicitude presentada na Área de cultura.
Documentación requirida
Observacións
Ver as bases para a utilización do auditorio da Casa do Concello para:
- Datas e horarios de funcionamento.
- Criterios para a cesión de uso.
- Duración da cesión.
- Acceso.
- Normas para o público.
- Responsabilidade dos organizadores.
- Etc.
Oficinas
- Área de cultura
Concello de Vigo Praza do Rei 1, andar 1, 36202 - Vigo.
Teléfono: 986 810 246Horario: De 9 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo