Solicitude / Modificación Tarxeta PassVigo Estudiante

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Con esta tarxeta pode beneficiarse dunha tarifa reducida, posto que está subvencionada polo Concello, e do transbordo entre liñas.

A quen está dirixido

As persoas matriculadas, durante o presente curso, nun centro de Primaria, Secundaria ou F.P.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Pode consultar toda a información necesaria para solicitar a tarxeta na seguinte páxina.

Por Internet

Tamén pode solicitar a alta de tarxeta ou renovación via online.

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Presentando a solicitude e documentación requirida, de luns a venres (non festivos), nas oficinas de VITRASA:

- De 8 a 14 na Carretera de Camposancos, 36.

- De 8 a 14 no Concello de Vigo (Oficina de Tarxetas de Transporte Público).

Prazos

Renovación anual.

Documentación requirida

  • Copia DNI / NIF / NIE (2 caras) ou Pasaporte español ou Documento estranxeiro
  • 1 Fotografía tamaño carné
  • Certificado de matriculación expedido por un Centro de Ensino de Vigo durante o presente curso
  • En caso de solicitude dun menor:
    • Copia DNI / NIF / NIE (2 caras) ou Pasaporte español ou Documento estranxeiro
      Do representante legal.
    • Fotocopia do libro de familia
      Ou documento equivalente que acredite a filiación.
  • No caso de facer a solicitude presencialmente ou por correo:
    • Impreso de solicitude tarxeta PassVigo

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo


Preguntas frecuentes

Como actualizo la tarjeta de un estudiante por via telemática.
Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.