Solicitude de Alta no REGIAC

Actualizado el 21 de mayo de 2020
Ver en la web de la administración

O REGIAC (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía) é un rexistro informatizado onde se recolle toda a información dos microchips dos cans identificados en Galicia. É propiedade da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, e actualmente está xestionado polo Consello Galego de Colexios Veterinarios.

A identificación individual con microchip é obrigatoria:

- Para tódolos animais potencialmente perigosos desde xullo de 2002.

- Para tódolos cans desde xullo de 2003.

A identificación definitiva supón a marcaxe con microchip e o procesamento informático dos datos relativos á marcaxe. O microchip asigna ao animal un código de identificación individual que permite diferencialo doutro, relacionando a súa propiedade cunha persoa física ou xurídica.

A modo de exemplo, en persoas, o censado podería ser algo similar a un empadroamento a nivel de concello, e a identificación individual sería algo similar ao noso DNI, e do mesmo modo que o DNI actuaría como identificación no país de orixe e no estranxeiro.

A quen está dirixido

Donos de animais de compañía e potencialmente perigosos, e veterinarios que presten asistencia sanitaria a estes animais.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Presencialmente

- No momento da identificación do animal, o veterinario actuante cubrirá un impreso oficial de identificación, por triplicado, achegado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente (tamén disponible nesta páxina). O propietario do animal identificado deberá recibir do veterinario actuante un exemplar do impreso oficial no que figurará necesariamente o código asignado e implantado no animal. O veterinario actuante conservará no seu poder outro exemplar do impreso. O terceiro exemplar deberá ser remitido polo veterinario ao Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos nun prazo máximo de 15 días despois de efectuar a identificación.

- O animal deberá ser identificado en presencia do seu propietario, figurando os seus datos e a súa sinatura no impreso oficial de identificación. Os responsables do rexistro, despois de recibir a documentación remitida polo veterinario, procederán a procesar os datos e enviarán ao propietario do animal o documento acreditativo da identificación.

- O traslado dun animal potencialmente perigoso doutra Comunidade Autónoma á Comunidade Autónoma de Galicia, sexa con carácter permanente ou por período superior a tres meses, obrigará o seu propietario a efectuar a inscrición oportuna no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos.

- O propietario dun animal potencialmente perigoso deberá comunicar, calquera variación dos datos do rexistro, no prazo de 15 días desde que se producise a modificación que proceda rexistrar, excepto nos incidentes de agresión, nos que a comunicación será inmediata. (Ver trámite relacionado)

Prazos

Os propietarios, criadores ou tenedores terán a obriga de identificar aos animais cun microchip nos seus tres primeiros meses de vida ou nun mes despois da súa adquisición.

Documentación requirida

Observacións

¿Que é un microchip?

Un microchip é un dispositivo electrónico diminuto que se implanta baixo a pel do pescozo do can, mediante unha inxección, e aporta a cada animal un código individualizado.

O código do microchip léese mediante lectores electrónicos dos que dispoñen os axentes da autoridade e os veterinarios actuantes do REGIAC.

¿Onde podo identificar o meu can cun microchip?

Evite fraudes. A implantación debe ser realizada por veterinarios actuantes do REGIAC, autorizados pola Consellería de Medio Ambiente (para obter información sobre veterinarios actuantes pode poñerse en contacto co teléfono de información do REGIAC: 988 60 30 75 ). Días despois de efectuar a identificación recibirá no seu enderezo unha tarxeta acreditativa.

¿Que ventaxas ten o microchip para mín e para o meu can?

- É unha identificación que aporta a cada animal un código polo que será recoñecido durante toda a súa vida.

- Garante unha implantación rápida, indolora e invisible.

- Facilita a recuperación de animais extraviados ou roubados.

- Axuda a garantir un control sanitario da poboación canina.

¿Que ocurre se xa teño o meu can identificado con microchip no pasado?

A información sobre vostede e o seu can non se perde porque as antigas bases de datos volcarán a súa información na aplicación informática do REGIAC.

Lexislación relacionada

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.