Bonificación do 90% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Empresas de Urbanización, Construción e Promoción Inmobiliaria
Terán dereito a unha bonificación do 90% na cota íntegra do Imposto de Bens Inmobles, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta, e non figuren entre os bens do seu inmobilizado.
A quen está dirixido
Empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria.
O solicitante deberá estar dado de alta no IAE e ser titular, ou telo solicitado, do inmoble.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Presencialmente
Facendo a solicitude por escrito en documento regulamentado que deberá entregar, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello.
Documentación requirida
- Impreso de solicitude de bonificación do 90% da cota do IBI para empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria Pode consultar a Referencia Catastral no recibo do Imposto de Bens Inmobles, na oficina virtual do catastro e nos puntos de información catastral do Concello .
- Deberá acompañar orixinal de:
- Certificado onde conste a referencia catastral
Resultante da agrupación para a que solicita a bonificación, expedido pola Xerencia Territorial do Catastro. - Declaración Xurada
De que a devandita construción é exclusivamente para a venda. - Declaración Xurada
Ou certificado conforme a finca non forma parte do inmobilizado da empresa.
- Certificado onde conste a referencia catastral
- Deberá acompañar fotocopia de:
- Último balance de situación presentado en Facenda
- Plano de situación da obra
- C.I.F. da sociedade
- Modelo 902 de demolición ou derribo da antiga construción
- Licenza de Obra
Outorgada polo Concello ou ben o documento que acredite tela solicitada.
- Unha vez feita a solicitude deberá achegarse en canto sexa posible
- Certificado que acredite a data de inicio das obras
Expedido polo técnico-director da obra e visado polo Colexio Oficial.
- Certificado que acredite a data de inicio das obras
Observacións
O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá dende o período impositivo seguinte a aquel no que se inicien as obras ata o posterior a terminación das mesmas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construción efectiva, e sen que, en ningún caso, poida exceder de tres períodos impositivos.
Oficinas
- Oficina do I.B.I.
Concello de Vigo
Administración de Tributos - Departamento de I.B.I.
Planta Baixa
Praza do Rei 1
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 116Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo