Autoliquidación do Imposto sobre Incremento do Valor de Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía)
Liquidación do Imposto que grava o Incremento de Valor que experimentan os Terreos de Natureza Urbana e que se pon de manifesto coa transmisión da súa propiedade por calquera título (compra-venda, permuta, apartación, donación, herdanza...).
A quen está dirixido
Nas transmisións a título lucrativo a persoa física ou xurídica que adquira o terreo, mentres que nas transmisións a título oneroso será quen o transmita.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por correo electrónico: Remitirán a documentación necesaria á Oficina de Plus-valía do Concello ofi.plusvalias@vigo.org indicando o enderezo ou correo electrónico onde desexe que lle envíen a documentación necesaria para realizar o pagamento. Remitiráselle o impreso de autoliquidación co cálculo do importe a pagar.
Posteriormente deberá presentar o impreso de autoliquidación nas entidades bancarias colaboradoras para facer efectivo o pago.
Presencialmente
Primeiramente deberá ir a Oficina de Plus-valía do Concello, xunto coa documentación necesaria (ver documentación requerida) para cumprimentar o formulario de autoliquidación de forma asistida polo persoal da mesma.
Unha vez cumprimentado e calculado o importe a pagar, ingresará a autoliquidación na entidade bancaria colaboradora.
Por teléfono
Remitirá a documentación a través de Fax (986 810 266). Non esqueza indicar o enderezo ou correo electrónico onde desexa que lle envíen a documentación necesaria para realizar o pagamento. Remitiráselle o impreso de autoliquidación co cálculo do importe a pagar.
Posteriormente deberá presentar o impreso de autoliquidación nas entidades bancarias colaboradoras para facer efectivo o pago.
Por correo
Remitirán a documentación necesaria á Oficina de Plus-valía do Concello indicando o enderezo ou correo electrónico onde desexe que se lle devolva dita documentación. Ademáis remitiráselle o impreso de autoliquidación co cálculo do importe a pagar.
Posteriormente deberá presentar o impreso de autoliquidación nas entidades bancarias colaboradoras para facer efectivo o pago.
Sancións
Será de aplicación a Ordenanza Fiscal Xeneral do Concello, Lei Xeral Tributaria e restante normativa de aplicación.
Documentación requirida
- Se actúa en representación doutra persoa (natural ou xurídica)
- Modelo de autorización
- Fotocopia do DNI
Do autorizante e do autorizado.
- Para os casos de presentación por correo electrónico ou correo ordinario
- Modelo de presentación da declaración-liquidación do imposto
- Fotocopia do DNI (do solicitante)
- Nos casos de transmisións intervivos (é dicir para os casos de compra-vendas, permutas, apartacións, doazóns ou calquera outra transmisión de dominio feita pública ante notario)
- Escritura da transmisión do dominio
(fotocopia)
- No caso de non constar na citada escritura a referencia catastral, aportarase certificación descritiva e gráfica do ben inmoble.
- Títulos de propiedade dos bens obxecto da transmisión en caso de non figurar reflectidos na escritura.
- Escritura da transmisión do dominio
- Nos casos de transmisións mortis causa
- Modelo D-650
(fotocopia)
(Imposto de sucesións) presentado na Xunta de Galicia. Pode consultar o borrador deste modelo nesta páxina. - Título/s de Propiedade
(fotocopia)
(escrituras de compra, cupos...) ou escritura de adxudicación de herdanza.
- Modelo D-650
Observacións
Gozarán dunha bonificación do 50% na cota íntegra cando o feito impoñible consista na transmisión de dominio mortis causa en relación á vivenda habitual do causante a favor do seu cónxuxe, descendentes e ascendentes.
Oficinas
- Oficina de Plusvalía
Concello de Vigo Administración de Tributos - Departamento de Plusvalía Planta Baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo Teléfono: 986 810 264 Fax: 986 810 264 Email: ofi.plusvalias@vigo.org
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo