Solicitud de Distintivo de Residente en Zona XER para Vehículo en Propiedad

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

O estacionamento de vehículos de tracción mecánica, en horario de 9 a 14 horas, e de 16 a 20 horas, de luns a venres agás festivos, nas vías do municipio incluídas no ámbito de aplicación da "Ordenanza Reguladora do Servizo de Aparcamento de Vehículos na Vía Pública", suporá o pago dunha taxa mediante máquinas expedidoras de tikets na Cidade de Vigo.

Mediante esta tarxeta os usuarios residentes neste tipo de vías beneficiaranse de prezos reducidos establecidos na correspondente normativa fiscal en vigor.

A quen está dirixido

Para obter o distintivo de residente en zona XER debe cumprir estes requisitos:

1. Ser persoa física

2. Estar empadroado dentro da zona X.E.R.

3. Estar ao corrente de pago do imposto de vehículos de tracción mecánica no Concello ou disfrutar de exención.

Os servizos municipais comprobarán que a persoa solicitante cumpre con estes requisitos.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Presencialmente

Cubrir o impreso regulamentado e presentalo, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello.

Por correo

Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e envialo, xunto coa documentación requirida ao Rexistro do Xeral Concello.

Prazos

Definidos no artigo 6 bis da ordenanza reguladora do servizo.

Documentación requirida

  • DNI, Tarxeta de residencia ou Pasaporte
  • Carné de Conducir (do interesado.)
  • Recibo do Seguro do Vehículo (en vigor.)
  • Permiso de circulación e Tarxeta de inspección técnica do vehículo
    O enderezo debe de coincidir co enderezo de empadroamento.

Oficinas

  • Oficina Policía Local

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta Baixa
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 286

    Horario: De 7:30 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.