Tarxeta de Estacionamento para Persoas con Discapacidade
Autorización para estacionamento en zona reservada para persoas con discapacidade.
A quen está dirixido
Persoas empadroadas no Concello de Vigo e que conten cunha discapacidade que lle impida a utilización do transporte público.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Presencialmente
Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e presentalo, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello.
Por correo
Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e enviarlo, xunto coa documentación requirida ao Rexistro Xeral do Concello.
Documentación requirida
- Solicitude tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade No caso de facer a solicitude de forma presencial.
- Certificado de discapacidade
Indicarase o recoñecemento da imposibilidade de usar o transporte público, polo centro de valoración e orientación (EVO), dependente das seccións de cualificación e valoración da discapacidade (Art. 50.3, D 35/2000, de 28 de xaneiro).
- 1 Fotografía tamaño carné
- Fotocopia do DNI
Observacións
No caso de que se denagara a tarxeta de estacionamento, o interesado poderá solicitar a tarxeta de accesibilidade ao transporte público.
As tarxetas de estacionamento, teran unha validez de 10 anos, sempre que o certificado de discapacidade, sexa definitivo, si pola contra o certificado de discapacidade é temporal a validez é polo tempo do certificado
Oficinas
- Oficina Policía Local
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 286Horario: De 7:30 a 13:30 horas.
Trámites relacionados
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo