Solicitude de Informe de Vivenda para Regularización de Menores
Informe emitido pola Administración Local do lugar de residencia do reagrupante no que se deberá facer referencia aos seguintes extremos: Título que habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamento.
Este informe é un dos documentos que se deben de achegar á solicitude de autorización de residencia por reagrupación familiar.
A quen está dirixido
As persoas estranxeiras menores de idade ou incapacitadas non nacidas en España que ben sexan fillos/as de españois ou de estranxeiros/as residentes legais en España, ben estean suxeitas legalmente a tutela dun/ha cidadán/a ou institución españois ou dunha persoa estranxeira residente legal en España:
- Poden obter autorización de residencia cando se acredite a súa *permanencia continuada en España durante un mínimo de 2 anos.
- Os seus pais ou titores deben cumprir os requisitos de medios de vida e aloxamento esixidos para exercer o dereito á Reagruapción Familiar.
- Cando os menores se atopen en idade de escolarización obrigatoria, deberase acreditar adicionalmente que estiveron matriculados nun centro de ensino e asistido regularmente a clase.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Pode solicitar a cita previa a través do correo electrónico ofi.inmigracion@vigo.org da Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.
Presencialmente
Mediante solicitude de cita na Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista coa técnico/a correspondente.
Por teléfono
Mediante solicitude de cita nos teléfonos: 986 442 356 ; 986-442096
Documentación requirida
- Documento que acredite a ocupación da vivenda
Título que habilite para a ocupación da vivenda (contrato de aluguer, escritura de compravenda, declaración xurada de cesión, etc)
- Autorización de Residencia e Traballo
Do proxenitor do menor, cunha vixencia mínima dun ano.
- Xustificante de Escolarización do Menor
No caso de atoparse en idade de escolarización obrigatoria.
- Xustificante de Residencia en España
Continuada de ao menos 2 anos.
Observacións
No prazo máximo de 15 días dende a solicitude, a Administración Local deberá emitir o informe e notificalo ao interesado e, simultáneamente e por medios telemáticos cando fose posible, á autoridade competente para resolver a autorización de reagrupación familiar.
Subsidiariamente, a persoa solicitante poderá xustificar o requisito de disponibilidade de vivenda suficiente, presentando acta notarial mixta de presenza e manifestacións no caso de que a Corporación Local non proceda a emitir o informe de vivenda no prazo indicado, o que será acreditado coa copia da solicitude realizada.
Preguntas Frecuentes:
Requisitos xerais para a regularización de menores.
Requisitos da vivenda.
Como legalizar os documentos do país de orixe.
Oficinas
- Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados
Rúa Martínez Garrido 21 interior
36205 Vigo
Teléfono: 986 442 356
Fax: 986 442 096
Email: ofi.inmigracion@vigo.orgHorario: De 9 a 14 horas de luns a venres
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo