Expedición de Certificacións, Títulos ou Duplicados Expedidos polos Servizos Funerarios
Trátase de obter certificacións, títulos ou duplicados dos mesmos das propiedades ou concesións nos cemiterios municipais.
A quen está dirixido
Unicamente o propietario ou concesionario.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Presencialmente
Presentando a solicitude no impreso existente ao efecto no Rexistro Xeral do Concello, xunto co pagamento da taxa correspondente segundo o artigo 5.C da ordenanza nº14 reguladora dos dereitos ou taxas pola prestación de servizos dos cemiterios municipais.
Prazos
O prazo de resolución é de aproximadamente un mes.
Documentación requirida
- Acreditación da titulación
Este documento presentarase á hora de recoller o documento solicitado.
Acreditarase co DNI (ou equivalente) no caso de expedición de títulos e duplicados. No caso de certificacións acreditarase a condición de herdeiro co certificado de últimas vontades.
Observacións
- A expedición de títulos só se fará no caso de obtención da propiedade ou concesión por compra ou herdanza.
- En caso de extravío expedirase un duplicado (sempre ao titular)
- En caso de que a solicitude se faga por algún familiar (se o titular finou), expedirase un certificado, libre de taxas ainda que deberase abonar o importe do impreso.
Exención:
Gozarán da exención total no pagamento dos dereitos regulados na ordenanza reguladora dos cemiterios municipais:
a) Os enterramentos na fosa de persoas mortas que estivesen regulamentariamente inscritas ou acollidas ó Padrón de Beneficencia Municipal ou Asistencia Social, sempre que os gastos de enterro non sexan, legal ou contractualmente, a cargo doutra persoa ou entidade.
b) A expedición de Títulos, duplicados, certificacións, Documentos ou Expedientes relativos ós Servicios ós que se refire o precedente apartado coa mesma condición alí establecida.
Oficinas
- Oficina de Cemiterios
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Sótano 2 (Entrada por rúa granada)
Teléfono: 986 810 112
Fax: 986 437 085
Email: ofi.cemiterios@vigo.orgHorario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo