Certificado de Ter Pago o Recibo do Imposto de Bens Inmobles (IBI)
O certificado de ter pago o recibo do Imposto de Bens Inmobles é un documento que xustifica ter efectuado o pago, nun ano determinado, deste tributo a todolos efectos.
A quen está dirixido
Aquelas persoas obrigadas ao pago que precisen por calquer motivo un xustificante de ter realizado o pago dun tributo municipal.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Pode imprimir directamente desde Internet o certificado de forma inmediata e gratuita.
Para emitir un certificado de pagamento de recibos dos impostos municipais na súa propia casa, ten que cubrir os campos baleiros: DNI, código tributario e tipo de imposto a pagar. O código tributario pode copialo do recibo. Pode tamén facelo dende a Carpeta do Cidadán sen necesidade de coñecer o código tributario.
Presencialmente
Pode obtelo directamente na oficina de "Recadación Voluntaria" de forma inmediata e gratuita.
Documentación requirida
- Impreso de pagamento da taxa pola expedición de documentos
Para uso na tramitación presencial.
- Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte do solicitante
- Impreso de solicitude de ter pago o recibo do Imposto de Bens Inmobles (IBI) Para uso na tramitación presencial.
Se se trata dunha persoa xurídica, a solicitude debe ir asinada por un representante da empresa con poder bastante.
Pode consultar a Referencia Catastral no recibo do Imposto de Bens Inmobles, na oficina virtual do catastro e nos puntos de información catastral do Concello .
- No caso de que o solicitante actúe a través de representante, ademais:
- Acreditación da representación para solicitar o certificado de ter pago o recibo do Imposto de Bens Inmobles
- Fotocopia do DNI (do representante)
Oficinas
- Tesourería - Recadación
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 100 (ext. 1283)Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
- Ordenanza Nº 10: Ordenanza Fiscal Reguladora das Taxas polos Documentos que expida ou que entenda a Administración do Concello ou a dos seus Organismos Autónomos, a instancia de parte.
- Ordenanza Nº 01: Ordenanza Fiscal Xeral
- Ordenanza Nº 02: Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles
Lexislación relacionada
Trámites relacionados
- Comprobación da validez dos certificados de pagamento emitidos por Internet
- Consulta da Información Catastral
- Certificado de estar ao corrente de pago dos tributos municipais para contratos
- Certificado de estar ao corrente de pago dos tributos municipais para subvencións
- Certificado de Ter Pago o Recibo de Exaccións Unificadas (EUI)
- Certificado de Ter Pago o Recibo da Taxa pola Recollida de Lixo Vivenda
- Certificado de Ter Pago o Recibo do Imposto de Actividades Económicas (IAE)
- Certificado de Ter Pago o Recibo do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)
- Domiciliación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)
- Pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI)
- Bonificación do 50% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Vivendas de Protección Oficial
- Bonificación do 90% ou 50% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e Exención da Taxa de Recollida de Lixo Vivendas por Familia Numerosa
- Bonificación do 90% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Empresas de Urbanización, Construción e Promoción Inmobiliaria
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo