Bonificación do 3% Mediante Alta no Sistema Especial de Pago do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)
Co obxecto de facilitar aos contribuíntes o cumprimento das súas obrigacións tributarias, así como incentivar a domiciliación bancaria como medio de pago máis idóneo, os suxeitos pasivos do Imposto sobre Bens Inmobles que o desexen xa poden solicitar a aplicación do sistema especial de pago para facer efectivas as cotas polo citado Imposto que, ademais do fraccionamiento da débeda en dous prazos, sen recarga ou interese algún, permitirá o goce dunha bonificación do 3% na cota do citado Imposto.
O primeiro prazo, que será equivalente ao 50 por cento da cota líquida do recibo do Imposto sobre Bens Inmobles correspondente ao exercicio en curso, farase efectivo o 31 de maio do ano en curso mediante a oportuna domiciliación bancaria.
O importe do segundo prazo pasarase ao cobro á conta corrente indicada polo interesado o último día do período de pago do imposto, e estará constituído pola diferenza entre a contía do recibo correspondente ao exercicio e a cantidade abonada no primeiro prazo, deducindo, á súa vez, o importe da bonificación regulada no presente artigo.
A quen está dirixido
Para ser beneficiario deste sistema especial de pago deberá cumprir as seguintes condicións.
1. Ser persoa física.
2. Que se formule a oportuna solicitude no impreso que, ao efecto se estableza.
3. Que exista coincidencia entre o titular do recibo/liquidación do exercicio no que se realice a solicitude e nos exercicios seguintes.
4. Que o recibo estea domiciliado ou se domicilie nunha entidade bancaria ou Caixa de Aforros.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Pode facer a solicitude de forma sinxela, a través da carpeta cidadá, premendo no botón tramitar por internet.
Presencialmente
Cubra o impreso de solicitude e presénteo no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Prazos
A solicitude deberá facerse con anterioridade ao 1 de marzo do exercicio no que deba ter efecto. Noutro caso a solicitude terá efectos a partir do exercicio seguinte.
Documentación requirida
Observacións
Este sistema especial de pagamento entenderase concedido automaticamente sempre e cando se cumprisen as condicións e os prazos se fisexen efectivos.
No caso de que algún dos prazos cargados fose devolto, non se concederá a bonificación do 3%.
Si xa solicitou a bonificación, e lle foi aprobada, non debe facer unha nova solicitude xa que se renova automáticamente.
Oficinas
- Tesourería - Recadación
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 100 (ext. 1283)Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo