Solicitude de Troco de Propietario do Animal Inscrito no REGIAC
Trámite necesario para rexistrar os datos do novo propietario do animal no REGIAC (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía).
A quen está dirixido
Donos de animais de compañía e potencialmente perigosos, e veterinarios que presten asistencia sanitaria a estes animais.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Presencialmente
A inscrición dos datos do novo propietario deberá facerse a través do veterinario actuante que cubrirá un impreso oficial de identificación, por triplicado, achegado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente (tamén dispoñible nesta páxina). O propietario do animal identificado deberá recibir do veterinario actuante un exemplar do impreso oficial. O veterinario actuante conservará no seu poder outro exemplar do impreso. O terceiro exemplar deberá ser remitido polo veterinario ao Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos.
Documentación requirida
Observacións
O troco dos datos debe ser realizada por veterinarios actuantes do REGIAC, autorizados pola Consellería de Medio Ambiente (para obter información sobre veterinarios actuantes pode poñerse en contacto co teléfono de información do REGIAC: 988 60 30 75 ).
Lexislación relacionada
- Orde do 5 de xullo de 2004 pola que se crea o ficheiro de datos de carácter persoal que conforma o Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o Réxime Xurídico da Tenza de Animais Potencialmente Perigosos.
- Lei 1/1993, do 13 de abril, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade.
- Corrección de erros Decreto 90/2002
- Real Decreto 287/2002, do 22 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
- Decreto 153/1998, do 2 de Abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade.
- Decreto 90/2002 que regula a tenza de animais potencialmente perigosos de Galicia
Trámites relacionados
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo