Solicitude de Acta de Aliñación e Rasante para Licenza de Peche (Non válida para licenza de edificación)

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Denomínase aliñación oficial a liña sinalada polo planeamento para establecer o límite que separa os solos destinados a vía pública ou espazos libres públicos das parcelas edificables ou do espazo interposto definido no Art. 6.2.13 das Normas Urbanísticas. Nos casos que procedan, poderá determinar as condicións de edificación de fincas lindeiras para os efectos de aplicación de recuados ou acaroamentos derivados do Artigo 6.3.13 ou dos que correspondan, sobre situación da edificación nas zonas de ordenanzas que así estea regulada en aplicación do anterior.

A aliñación oficial recollerase na Acta de Aliñacións e Rasantes .

A Acta de Aliñacións e Rasantes é o plano formalizado pola Administración Municipal, subscrito por técnico competente, no que se sinalan, ademais das circunstancias de deslinde contempladas no parágrafo anterior, o estado da urbanización, se a parcela reúne ou non a condición de soar, a superficie aproximada de cesión gratuíta ou de expropiación, se é o caso, a súa formalización e o importe aproximado dos gastos de urbanización afectos á finca, se os houbese.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Presencialmente

Debe presentar na oficina de Rexistro da Xerencia de Urbanismo o impreso de solicitude xunto con toda a documentación requerida.

Prazos

A Acta de Aliñacións e Rasantes deberá ser expedida nun prazo máximo de tres 3 meses.

Documentación requirida

  • Solicitante: Fotocopia do DNI no caso de persoas físicas. No caso de persoas xurídicas a persoa que asina a petición achegará documentación acreditativa da súa representación como unha fotocopia pública da escritura de constitución da sociedade, poder,etc (2 copias)
  • Plano a escala mínima 1:1000 da cartografía oficial
    (2 copias) realizado sobre Cartografía Oficial de Vigo, no que se sinalen a forma e superficie da parcela, e fincas lindeiras, anchos das vías que definen as súas fachadas e situación respecto do viario de conformidade co rueiro municipal. Este plano deberá ser asinado por un técnico competente que se responsabiliza da veracidade dos datos aportados.

Observacións

- Excepcionalmente, e no prazo de dez días hábiles contados desde a presentación da solicitude, a Administración Municipal poderá solicitar levantamento topográfico da parcela cando existan discordancias entre a realidade e o planeamento e/ou a súa descrición rexistral. Este levantamento deberá estar apoiado alomenos en dous vértices próximos da Rede Topográfica e sempre en coordenadas UTM.

En tanto non se aporte o levantamento topográfico quedará interrompido o prazo de expedición da Acta.

- As Actas de Aliñacións e Rasantes terán vixencia indefinida. Como actos de información urbanística que son non terán efecto vinculante para a Administración municipal. Contra elas non cabe interpor recurso algún.

- Calquera alteración do planeamento dará lugar a que queden sen efecto as actas de aliñación practicadas con anterioridade á súa aprobación, podendo rehabilitarse no caso de que dita modificación non afectase ás aliñacións.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.