Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Este servizo adícase, exclusivamente, ao coidado da prole das mulleres, con escasos recursos económicos e falta de apoios socio-familiares. Denomínase servizo ós desprazamentos que a coidadora realiza ao domicilio da beneficiaria ou lugar indicado para o coidado dos menores.

A quen está dirixido

Mulleres, con escasos recursos económicos, que pola súa incorporación ao mercado laboral, por ampliación de formación, pola súa participación en actividades socioculturais e deportivas ou noutro plano, en situacións de emerxencia como os casos que tendo algún familiar hospitalizado, a nai e o pai non poden coidar naquelas horas, as súas fillas e fillos.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por Internet

Mediante cita previa a través do correo electrónico info.muller@vigo.org coa traballadora social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller (CMIDM). A solicitude farase cunha antelación mínima de 3 días aínda que se atenderán casos de imprevistos.

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Mediante cita previa coa traballadora social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller (CMIDM). A solicitude farase cunha antelación mínima de 3 días aínda que se atenderán casos de imprevistos.

Documentación requirida

  • Libro de Familia
    Fotocopia compulsada.
  • Xustificante do motivo polo que solicita o servizo
  • DNI
    Fotocopia compulsada.
  • Documentación Complementaria
    Cando por distintas razóns non se poidan acreditar as rendas mensuais ou se produzan causas sobrevidas que afecten aos recursos da unidade familiar, a traballadora social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller poderá solicitar outros documentos.
  • Xustificante de ingresos mensuais da unidade familiar
    Última nómina, certificado de prestacións públicas, etc.
  • No caso de carecer de ingresos
    • Vida Laboral
  • Xustificante / Volante de Empadroamento

Observacións

- Establécese como máximo 4 horas diarias de prestación do servizo por cada usuaria ou colectivo beneficiario, nun horario comprendido entre as 7 e as 23 horas .

- O servizo farase desde a hora concedida ata que a usuaria ou persoa adulta en quen delegue regrese, hora que será previamente estipulada , aínda que en ningún caso se deixarán ás nenas e nenos sós nin ao coidado de menores de idade.

- No caso de coidado colectivo, este realizarase nunha sala que reúna as condicións de seguridade e hixiene previstas na lexislación vixente.

- Os/as nenos/as beneficiarios do servizo serán os que teñan unha idade inferior aos 12 anos.

Criterios para servizos individuais:

O límite de ingresos da unidade familiar para ter dereito ao servizo estípulase en función do IPREM fixado nos Presupostos Xerais do Estado para cada ano.

Límite de ingresos para ter dereito ao servizo:

Unidade familiar cun fillo/a: valor mensual do IPREM+50%

Por cada novo fillo/a incrementarase á contía anterior un 20% do IPREM.

No caso de que un ou unha das menores ao seu cargo teña recoñecido o grao de dependencia a porcentaxe do valor do IPREM a ter en conta incrementarase nun 20%.

Oficinas

  • Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller

    C/ Romil 20
    36203 Vigo
    Teléfono: 986 293 963
    Fax: 986 201 153
    Email: info.muller@vigo.org

    Horario: De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.
    O xoves ademáis de 17:00 20:00 horas.

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.