Pago por Retirada de Instalacións e Xéneros Relativos ao Exercicio de calquera Actividade na Vía Pública sen Licenza e Outros
Deberá facer o pagamento desta taxa pola prestación da Administración Municipal dos seguintes servizos:
a. Retirada, transporte e custodia de instalacións, elementos e xéneros relativos ao exercicio de calquera actividade ou comercio na vía pública, ou en dominio público municipal, sen licencia en concordancia co disposto no artigo 27 da Ordenanza reguladora da venda na vía pública e espacios abertos.
b. Retirada, transporte e custodia de elementos ou obxectos colocados na vía pública sen a correspondente autorización municipal.
c. Servizos similares aos anteriores ordenados por resolución do Alcalde, Comisión de Goberno ou Pleno por causa de forza maior, orde pública, ruína, seguridade de persoas e bens e outros.
A quen está dirixido
Aos vendedores e/ou responsables por calquera título dos elementos, instalacións e xéneros obxecto da retirada e custodia. En materia de responsabilidades aplicaranse os artigos 12 a 16 da Ordenanza Fiscal Xeral.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Presencialmente
A obriga de contribuír por esta taxa nace no momento en que os funcionarios municipais se fagan cargo das instalacións, elementos e xéneros para o seu transporte a un depósito municipal e posterior custodia. O ingreso das taxas reguladas nesta Ordenanza realizarase polo procedemento de autoliquidación en impreso regulamentario que facilitarán as oficinas da Policía Local e Xestión Tributaria, sendo indispensable o pagamento para a retirada dos elementos custodiados.
Para o cálculo da cota a pagar consulte o artigo 5 da Ordenanza Nº 17: Ordenanza Fiscal Reguladora das Taxas pola prestación dos servizos de Retirada, Transporte e Custodia de Instalacións, Elementos e Xéneros relativos ao exercicio de calquera actividade ou comercio na vía pública sen licenza municipal e outros prestados por causas excepcionais.
Os funcionarios responsables da Policía Local verificarán, antes da entrega dos bens custodiados a corrección da autoliquidación practicada, en particular, o número de días de duración da custodia sen contar sábados, domingos nin festivos.
Documentación requirida
- Autoliquidación das taxas polos servizos de retirada, transporte e custodia de instalacións e xéneros relativos ao exercicio de actividade ou comercio e outros
Oficinas
- Oficina Policía Local
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 286Horario: De 7:30 a 13:30 horas.
- Oficina de Xestión Tributaria
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
Teléfono: 986 810 269
36202 VigoHorario: De 9 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo